Amosando publicacións coa etiqueta plambe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plambe. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de outubro de 2025

Cartilla actividades

Cartilla actividades 

Unha das propostas presentadas durante as actividades realizadas para a conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares foi unha cartilla na que se estructuran algunhas das actividades que iremos realizando ao longo do curso. Iremos colocando selos nela conforme os diferentes grupos vaian realizando as actividades.


           

        

                                                                                                        


xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día da Non Violencia e da Paz


Conmemoración Día da Non Violencia e da Paz 

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos  o Día da Non Violencia e da Paz cun acto no que se amosou todo o traballo realizado durante as últimas semanas. Este traballo xirou entorno ao libro Imagine, de Jonh Lenon.

  Para o acto de hoxe traducimos e adaptamos o texto da famosa canción dos Beatles ao galego, repartindo as estrofas entre os diferentes grupos do cole. Unha vez repartidos cada grupo realizou representacións do que evocaban mediante o debuxo e para recitalas no día de hoxe. O mestre de música preparou unha canción a partires deste texto que se interpretou para todo o alumnado do centro, realizamos unha gravación na radio, que podedes escoitar clicando aquí:

 https://www.ivoox.com/paz-audios-mp3_rf_139040141_1.html

 e o alumnado de PFFPB leu un manifesto explicando o significado do libro.

Tamén decoramos con pombas para imaxinar un mundo mellor unha árbore feita polas compañeiras e compañeiros de Xardinería.



Recomendacións lectoras Día da Paz

 

Recomendacións lectoras Día da Non violencia e da Paz

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos no noso centro o Día da Non Violencia e da Paz. A parte de realizar unha bonita celebración, que vós mostraremos noutra entrada, queremos deixarvós algunhas recomendacións lectoras.





xoves, 7 de novembro de 2024

SAMAÍN NO SALADINO CORTIZO


💀👻 Un Samaín terrorífico👻💀

Durante parte do mes de outubro estivemos preparando o Samaín, para elo realizamos diversas actividades. Ahí vai un resumo do que fixemos.

Certame de decoración das portas das aulas.



Tamén, dende Biblioteca creativa o alumnado de FP e de Prefp: debuxou,  deseñou co programa Tinkercad, imprimiu e reapartiu uns agasallos para todo o alumnado do centro.



                                               

A maiores, fixemos unha pequena exposición de contos terroríficos e o profesorado do centro realizou unha representación teatral.







TEATRO NO OBRADOIRO DE PAPEL


      Seguindo coa temática da nosa Biblioteca... no Obradoiro de Papel de TVA fixemos un mural moi teatral e outonal!!!!


martes, 29 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas Escolares

 Día das Bibliotecas Escolares

O pasado xoves 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares.

 A actividade central neste día consistiu na realización por parte da Mestra Sandra dun Kamishibai

O Kamishibai é un tipo de "teatro de papel" de orixe xaponés. Sandra fixo varios pases para os diferentes

 grupos do centro. A maiores propuxemos unha actividade: a realización por parte dos diferentes grupos da

 súa propia historia para o Kamishibai. 

Iremos descubrindo estas obras ao longo dos próximos meses!






                                                                                                                                                                                                              

luns, 28 de outubro de 2024

Benvidos a un novo curso! Comezamos!

 A nosa Biblioteca

O curso pasado recibimos do Plambe dúas aportacións económicas. Unha delas estaba destinada a mercar fondos, a outra a mobiliario. 

Por diferentes cuestións recibimos estes novos mobres cara finais de curso e decidimos destinalos ao recuncho de Biblioteca creativa.

A volta das vacacións do verán dende o equipo de biblioteca, co apoio do equipo directivo e de moitas compañeiras e compañeiros decidimos darlle un cambio a biblioteca. Non só creamos novos espazos senón que pintamos tódolos mobres da biblio de cor branca. 

Estamos moi satisfeitas co resultado! Ahí van algunhas imaxes do resultado.





             



   









                    

martes, 14 de maio de 2024

Día do Libro

 DÍA DO LIBRO📔

O pasado 23 de abril celebrouse o día do libro. 

Para a conmemoración de este día dende o equipo de biblioteca realizamos unha selección de títulos vinculados, fundamentalmente, coa educación emocional tan importante para todas e todos.

De esta selección propuxemos que as titoras acompañadas dos seus alumnos e alumnas,  escolleran un título e primeiro fixeran unha foto con el no croma,  para elaborar un Bookflix e despois algún traballo libre, vinculado coa súa selección. 

Aquí vós deixamos o resultado.










martes, 16 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

💜8 DE MARZO💜

     O pasado día 8 de marzo conmemoramos o día internacional da muller. 

Dende o equipo da biblioteca propuxemos traballar partindo do recollido nestes dous libriños:


Todos estes traballos fóronse expoñendo nos corredores do colexio, en murais nos que se debuxaron e se pintaron os rostros destas mulleres, acompañándoos dunha breve biografía.


Tamén se fixeron preciosos relatos falando das mulleres que forman parte da nosa vida: as nosas nais, avoas, mestras...

Partindo de todo o feito organizamos no salón de actos  un programa de radio.


Se o queredes escoitar podédelo facer clicando máis arriba a esquerda en Radio Tartaruga.

Así mesmo, e grazas a Faro da Escola, recibimos a visita de Paula Rivas, neurocientífica e divulgadora científica que nos veu a falar da súa obra:



Grazas Paula! Grazas rapazas e rapaces polo voso traballo!