Amosando publicacións coa etiqueta día del libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día del libro. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de maio de 2024

Día do Libro

 DÍA DO LIBRO📔

O pasado 23 de abril celebrouse o día do libro. 

Para a conmemoración de este día dende o equipo de biblioteca realizamos unha selección de títulos vinculados, fundamentalmente, coa educación emocional tan importante para todas e todos.

De esta selección propuxemos que as titoras acompañadas dos seus alumnos e alumnas,  escolleran un título e primeiro fixeran unha foto con el no croma,  para elaborar un Bookflix e despois algún traballo libre, vinculado coa súa selección. 

Aquí vós deixamos o resultado.










luns, 15 de xuño de 2020

LIBRO VIRTUAL: ´´EU FICO NA CASA´´

Presentamos moi ilusionados o resultado final do libro: ´´Eu fico na casa´´. Libro onde sodes vós os protagonistas, alumnos/as e familias. O equipo de biblioteca quere darvos as grazas polas vosas aportacións para o libro e tamén felicitarvos polo voso traballo, esforzo e colaboración. Fixestes un bo traballo nun momento moi complicado xa que as circunstancias non foron as mellores e estamos moi orgullosos de todos vós. Desexamos veros pronto!

venres, 24 de abril de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

CONTACONTOS
Qué mellor maneira de festexar este día compartindo con tódalas familias un contacontos feito con moita ilusión pola mestra de TVA e membro do equipo de Biblioteca, INÉS. Trátase da adaptación do conto: ´´El cazo de Lorenzo´´. 


#FAME DE PALABRAS
Para este día tamén damos por rematada a  nosa participación na iniciativa de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia a cal nos convidaba a enviar fotografías de palabras xunto coas portadas dos libros ás que pertencen. Resulta curioso que a maior parte das palabras elexidas están vencelladas a estes días que estamos a pasar nas nosas casas: amor, abuela, maxia, heroes, abrazo, familia,   extraordinario,...



VIDEO-MONTAXE
Outro vídeo que queremos compartir son imaxes sen texto para pensar e reflexionar por qué é tan importante a lectura e qué nos aportan os libros. 

⇰ Lembrámosvos que aínda podedes participar no Libro: ´´Eu fico na casa´´ que estamos a facer entre todos, puidendo colaborar entregando videos, audios, debuxos, fotografías, todo o que se vos ocurra acerca das actividades que levades a cabo na casa en familia nestas semanas. 


FELIZ DÍA DO LIBRO, FAMILIAS!


xoves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR 2020.

E xa chegou un dos días máis importantes na nosa biblioteca: O día do libro.
Gustaríanos celebralo todos xuntos pero as circunstancias nos obrigan a ficar na casa.
Amosamos unha adaptación do fermoso CARTEL editado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  para conmemorar este día. Vai adxunto un pequeno texto de Manuel Gago, escritor, xornalista e divulgador da cultura galega. Para facilitar a accesibilidade á información do texto fixemos un audio da lectura.