mércores, 14 de decembro de 2022

PROGRAMA CINEMA NA AULA

 Con data 17 de novembro de 2020, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolve levar a cabo neste curso un programa experimental de CINEMA NA AULA. 

Como levamos anos no noso centro desenvolvendo OBRADOIROS DE CINE na biblioteca e nas aulas enviamos a solicitude para poder participar neste programa experimental. 

A ver se hai sorte!!

Adxuntamos unha descrición dos obradoiros de cine que levamos a cabo nas aulas en tódalas etapas educativas. ( Preme na imaxe para abrir o documento)




venres, 14 de outubro de 2022

CERTAME RELATOS DE MEDO. HISTORIAS PARA NON DURMIR. RADIO NA BIBLIO E PLAMBE.

 Polo Samaín organizamos o CERTAME DE RELATOS DE MEDO:´´ HISTORIAS PARA NON DURMIR´´    

A partir dun sonigrama (creación de historias a partir de sons) os alumnos e alumnas escribirán unha historia de medo inspirándose no audio.

Aceptarase relatos escritos e para o alumnado sen lectoescritura poderán ser creacións orais, pictogramas, debuxos, signos, etc. 

                                                   Ímolo pasar de medo!

* Audio creado polo equipo de biblioteca. Sons empregados: http://www.sonidosmp3gratis.com/

Podedes empregar os pictos do documento para axudarvos a crear a historia.

ARQUIVO PICTOS DE MEDO

 Los símbolos pictográficos utilizados son propiedad del Gobierno de Aragón y han sido creados por Sergio Palao para ARASAAC (http://www.arasaac.org), que los distribuye bajo Licencia Creative Commons BY-NC-SA.

Autor pictogramas: Sergio Palao. Origen: ARASAAC (http://www.arasaac.org)Licencia: CC (BY-NC-SA). Propiedad: Gobierno de Aragón (España)

 

venres, 8 de xullo de 2022

CONCURSO DE VERÁN

 Vos animamos a que participedes. Tódolos participantes serán obsequiados cun agasallo. Bases do concurso explicados a continuaciòn. 



RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

 

 Aquí vos deixamos unhas recomendacións para o verán e que tamén compartimos na Revista Tartaruga do cole. O equipo de biblio vos desexa bo verán. Animos a familias e alumnado a participar no concurso de verán. Ata setembro!



RADIO TARTARUGA. IV CONCURSO DE PODCAST DA XUNTA DE GALICIA. NORABOA RAPACES E RAPAZAS!

 O alumnado de TRÁNSITO Á VIDA ADULTA SUR foi premiado co podcast que presentou ao IV Concurso de Podcast-Radio na Biblio da Xunta de Galicia. ´´Domadora de Serpes´´ é un recitado dun poema de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A música e sons de ambiente o gravaron os alumnos/as na aula de música co profe Alejandro Lorenzo. NORABOA RAPACES!

 






O outro podcast presentado ao concurso foi o do outro grupo de TRÁNSITO Á VIDA ADULTA, o grupo NORTE. Fixeron un podcast moi exquisito no que os comunicadores tamén compartiron protagonismo cos rapaces e rapazas. O xurado seguro que o tivo moi difícil por que este podcast sobre Florencio Delgado tamén era digno gañador. 

Noraboa á etapa de Tránsito á Vida Adulta polo seu compromiso coa Biblioteca Escolar e pola busca de novas experiencias para o alumnado!








RADIO TARTARUGA. PODCAST ESPECIAIS GRAVADOS DURANTE O CURSO 2021/2022

 1.- PODCAST POLA PAZ 

Gravamos un podcast conxunto. Neste podcast están representadas tódalas etapas educativas do centro: Primaria, Secundaria, Tránsito á Vida Adulta e Programas Formativos de Formación Profesional Básica. Ademáis participaron alumnos/as con voz ou sen ela, empregando comunicadores como Grid3. No podcast os alumnos e mestres preguntanse qué pode aportar cada un deles para que haxa paz ó  arredor. Grazas as profes por axudar ao alumnado a participar. Durante o desenrolo do programa escoitanse cancións pola paz escollidas polo alumnado das distintas etapas. Esperamos que vos guste tanto como a nós!


2- PODCAST SOBRE A GUERRA. ALUMNADO DE PFB DE LAVANDEIRÍA, CARPINTERÍA E PERRUQUERÍA COA PROFE DE BÁSICAS ANA CORTEGOSO. 

Podcast especial pola Paz e rechazo á guerra que non vos podedes perder!



3- XOGOS FLORAIS: RECITADO DUN POEMA DE SILVIA ARAGUNDE POR ALUMNADO DE SECUNDARIA. 
O poema ´´ Os paxaros que anidan todos os anos no limoeiro na casa de Cambados´´ é unha oda á natureza, a vida que pasa, a eses paxaros que nos visitan en primavera...este poema é delicado e moi agarimoso. Moitas grazas a Silvia Aragunde (nai dun alumno do centro) por participar no certame literario XXI Xogos Florais co gallo das Letras Galegas. Ao alumnado de Secundaria gustoulle tanto a poesía que decidiron facer unha homenaxe a Silvia e ao seu poema recitando o poema e gravando un podcast.

4- ´´MUIÑEIRA DAS ÁRBORES´´. 
Grazas ao mestre de música Alejandro Lorenzo por recompilar estrofas de coplas tradicionais galegas sobre as árbores e compoñer esta peza tan bonita para amenizar o día da celebración dos maios. Acompañamento vocal pola mestra de AL M. Fragueiro. Estamos namorados desta canción e gustounos camiñar por eses longos corredores do noso cole escoitando a canción porque nas aulas os alumnos/as estaban disfrutando dela. 

RADIO TARTARUGA. CURSO 2021/2022. PODCAST GRAVADOS NO OBRADOIRO PONTE NAS ONDAS!

 OBRADOIRO DE RADIO CON PONTE NAS ONDAS!

Un ano máis confiamos o obradoiro de Radio a Ponte nas Ondas! Xerardo e Damián volveron demostrar que son unhas grandes persoas ademáis de grandes profesionais. Este ano tódalas etapas educativas participaron no obradoiro. Os grupos prepararon os seus guións previamente cos seus titores/as ou mestras de audición e linguaxe. Como novidade con respecto ao curso pasado cada grupo seleccionou a música que quería que sonara no seu programa e moitos deles remataron con sesión karaoke aproveitando que o proxecto deste ano foi a música. 

PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO DE RADIO A CARGO DO ALUMNADO DE PRIMARIA. 

Foron os primeiros en participar gravando a presentación da xornada. 

PROGRAMA DE RADIO DE SECUNDARIA. 
O alumnado de Secundaria realizou un programa de Radio que podería estar en calqueira emisora que se precie. Fixeron un podcast estruturado en varias seccións: fútbol, cine e literatura, destacando o recitado dun poema. 

PROGRAMA DE RADIO DE TRÁNSITO Á VIDA ADULTA GRUPO NORTE.
O alumando de Tránsito á Vida Adulta-Norte fixo un programa musical onde se preguntaban qué canción lles gusta máis. 


PROGRAMA DE RADIO DE TRÁNSITO Á VIDA ADULTA. GRUPO SUR. 
Os alumnos/s do grupo Sur de Tránsito á Vida Adulta falaron dos aniversarios, das vacacións e do que máis lles gusta. A destacar o Rap que se marcou o alumno André, todo un profesional!


PROGRAMA DE RADIO DE PREFPB. 
O locutor radiofónico Fawaz entrevistou aos seus compañeiros/as preguntándolles qué canción lles gustaba e logrou que cada un deles cantara un anaco da canción. Por algo estes rapaces forman parte do Coro das Emocións. Felicidades ao mestre de música Alejandro Lorenzo por conseguir que venzan á timidez e deixen voar a súa creatividade cantando!


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE LAVANDEIRÍA E COCIÑA
O alumnado de Lavandeiría e Cociña falaron das cousas que fan no seu ciclo, do concurso de café que participaron e lle fixeron unha entrevista a un alumno que ía a facer as prácticas. 


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE REPROGRAFÍA. 
O alumnado de Reprografía falaron das cousas que fan no seu taller e lembraron a entrevista que lle fixeron ao alcalde de Vigo Abel Caballero. 


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE PERRUQUERÍA. 
O alumnado de Perruquería falaron das moitas cousas que fixeron no seu taller ao longo do curso, da visita dunha antiga alumna do profe Luis e do que máis lle gustou do curso que xa remata. 


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE CARPINTERÍA.
O alumnado de Carpintería relatan as innumerables tarefas que fan no seu taller para facer mobles tan bonitos que logo colocan en moitas aulas e zonas do cole, e como non, na nosa biblioteca. Terminan o programa contando unha anécdota acerca dun crebanoces...pero, non vamos a desvelar nada máis, xa que é mellor que o escoitedes!


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE XARDINERÍA
Esta vez o alumnado de Xardinería falaron de todas as cousas que fan para manter o cole así de bonito, con esas flores e decoración que tanto gusta a todo o mundo. Tamén falaron da FP dual e da excursión de fin de curso. 

E como os nervios do directo moitas vecen nos traicionan fixemos unha montaxe posterior engadindo dúas aportacións de alumnos que no primeiro momento non se veron con ánimo de falar diante dun micro. Pero pouco a pouco irémolo conseguindo. Noraboa rapaces e rapazas!

domingo, 3 de xullo de 2022

PRIMARIA COÑECE AS TARTARUGAS, A MASCOTA DA BIBLIO E DO COLE.

 Para despedir o curso a coidadora e membro da comisión de biblioteca Julia Bouza trouxo ao cole as súas tartarugas para que o alumnado de Primaria poidera coñecer. Xa sabemos que a tartaruga Saladina é a nosa mascota, asi que lle agradecemos moito a Julia por traer as súas tartarugas. Foi unha experiencia moi grata. 




venres, 10 de xuño de 2022

ENTROIDO

 Lembramos o traballo tan creativo e visual do noso alumnado que fixo sobre as máscaras do noso Entroido tradicional en Galicia. Boteiros, peliqueiros, merdeiros, madamas e galáns ou vergalleiros foron os protagonistas do noso hall durante o entroido. Como as máscaras quedaron tan bonitas e os rapaces/as fixeron un estupendo traballo agora decoran o comedor do cole. 




BIBLIOTECAS ESCOLARES CARBALLAL

 Recibimos un email dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do noso cole veciño o CEIP CARBALLAL o cal compartiron con nós o seu traballo de Bibliotecas Escolares Solidarias. Trátase de contos adaptados: audiolibros e con lingua de signos. Os códigos QR enlazan aos audios dos contos para poder escoitalos.

Moitas grazas, rapaces e rapazas. Bo traballo!!








FARO DA ESCOLA

DOUS PREMIOS DE FARO DA ESCOLA ESTÁN RELACIONADOS COA BIBLIOTECA

Estamos moi contentos de recibir dous premios na VII Edición de Faro da Escola. Faro da Escola é un proxecto de Faro de Vigo co que pretende achegar a prensa e os periódicos aos centros educativos da provincia de Pontevedra. Ao longo do curso os centros traballan no deseño dun periódico con novas, reportaxes, entrevistas...ao final de curso Faro de Vigo organiza unha gala para dar uns premios aos centros participantes. Este curso recibimos dous premios vencellados coa biblioteca escolar. 

1.- TERCEIR PREMIO ´´ MELLOR REPORTAXE´´ CEE SALADINO CORTIZO: ´´LA OTRA VOZ DEL COLEGIO SALADINO CORTIZO ´´: reportaxe sobre os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación como unha alternativa ao alumnado que non ten linguaxe oral e como pode axudar a estos alumnos a participar en dinámicas da biblio, por exemplo, na grabación de podcast. 



2.- TERCEIR PREMIO PATROCINADO POLA EDITORIAL XERAIS ´´ MELLOR ENTREVISTA´´ CEE SALADINO CORTIZO: ´´ENTREVISTA A RAMÓN D. VEIGA ´´: o venres 18 de marzo veu visitarnos o escritor Ramón D. Veiga a pasar un ratiño cos rapaces e rapazas de Tránsito á Vida Adulta Sur, e aproveitaron para facerlle a seguinte entrevista. 



No seguinte enlace hai información da visita de Ramón D. Veiga á nosa biblio, e como bo escritor que se precie deixou unha adicatoria no libro de visitas. ENLACE AQUÍ

3.- Outra noticia de difusión sobre os proxectos actuais que está a desenvolver a nosa biblioteca foi a seguinte: 



PÓSTER ENCONTROS PLAMBE

 O pasado 25 de marzo asistimos como tódolos anos aos encontros de centros Plambe (Plan de Mellora de bibliotecas escolares). Este ano a Asesoría de Bibliotecas Escolares convidounos a presentar  un póster con alguna experiencia da nosa biblio. Puxémonos mans a obra e decidimos realizar un póster sobre o proxecto do Camiño de Santiago que fixemos o curso pasado. E este foi o resultado. O póster foi un éxito. Moitos mestres doutros centros estiveron moi atentos ao póster facendo preguntas e dando a noraboa a alumnado e profesorado.  O código QR enlaza directamente ao proxecto. Se queredes ver o proxecto completo pinchade no enlace.



MOCHILAS VIBRATORIAS

O mestre Pablo contactou coa empresa Entresignos para facer unha exposición das mochilas vibratorias. A biblioteca deulle a benvida as mochilas o pasado  31 de maio. Foi unha experiencia única para o noso alumnado. ´´Mochilas que fan vibrar a quen non pode escoitar a música´´. Estas mochilas cambian as notas musicais por vibracións. Aínda que as mochilas están pensadas para a comunidade con diversidade funcional auditiva están adaptadas para todo tipo de público. En moitos concellos xa están dispoñibles para poder empregalas en concertos. Estas mochilas que nos trouxeron para probar precisamente pertencen ao Concello de Nigrán. Alumnado e mestres/as e persoal coidador probaron as mochilas. A maioría dos que a probaron lles encantou a experiencia e moitos rapaces non querían quitar a mochila. 




BIBLIOTECA CREATIVA

PREPARADOS, LISTOS, XA....OS ESCORNABOTS A BAILAR!

Queredes ver como se poden programar os escornabots e poñelos a bailar? Alumnado dos Programas Formativos de Formación Profesional Básica puxéronse mans á obra. Aproveitamos que o noso PDI deste curso é a música e que mellor que programar una actividade musical cos escornabots. 


PROXECTO CREA O TEU ESCORNABOT. PORQUE OS ESCORNABOTS E A ROBÓTICA PODEN AXUDARNOS. 

Mirade qué ´´aparatos´´ tan creativos e sinxelos de facer argallaron as compañeiras de Tránsito á Vida Adulta. Aparentemente parecen unhas arañas, pero son máis útiles do que pensamos. Estas arañas veñen dispostas a axudarnos a limpar o chan das aulas. Pinchade na foto para ver o video. 

RESUMO DE ACTIVIDADES DO PROXECTO BIBLIOTECA CREATIVA

A situación excepcional e os protocolos de actuaciòn non impediron que alumnado e profesorado comezaran este novo proxecto moi motivador para todxs. 




OBRADOIRO DE CONTOS EN PRIMARIA






LETRAS GALEGAS - MAIO CULTURAL

LIBRO VIRTUAL ´´A NOSA MÚSICA´´

 EN PROCESO DE ACTUALIZACIÓN

PDI A MÚSICA

 EN PROCESO DE ACTUALIZACIÓN

TOBII

SISTEMAS DE ACCESO Á INFORMACIÓN: DISPOSITIVO: TOBII

Tobii é un dispositivo que detecta o movemento das pupilas. Desta maneira as persoas con dificultade motriz poden manexar un ordenador, tableta ou comunicador cos ollos. É dicir, o´´click´´ que farías empregando un ratòn ou tocando co dedo unha tableta  se sustitúe empregando soamente os ollos. 
Para entender mellor este dispositivo tiñamos que probalo. As compañeiras de Tránsito á Vida Norte deixaronnos probar un. E aquí tedes as fotos. Fixemos probas lendo un conto dixital.Comentar que á maioría dos mestres/as que o probamos resultounos moi canso estar moito tempo empregando os ollos para seleccionar na pantalla as cousas que queríamos.  Manter a mirada permanentemete é unha tarefa que cansa moito á vista. 


Na foto vemos á mestra Carmen Toro lendo un conto dixital e pasando as páxinas sen tocar a tableta, soamente a través da mirada. 

CANVA

 FORMACIÓN DE USUARIOS: APRENDENDO CANVA

Inmersos no deseño do noso Plan Dixital decidimos realizar esta xornada formativa ´´entre nós´´. A coordinadora TICS púxose mans á obra para coordinar esta sesión. A mestra e membro do equipo de biblioteca, Rebeca Medina Sola impartiu unha sesión de usos didácticos de CANVA para todos o mestres/as e profesores/as do centro. Foi unha experiencia moi enriquecedora e quedamos con ganas de organizar máis sesións formativas para o vindeiro curso. 




A NOSA BIBLIOTECA

EN PROCESO DE ACTUALIZACIÓN

martes, 7 de xuño de 2022

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Recollimos na Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas unhas sementes para festexar o Día Mundial do Medio Ambiente. Plantaremos estas semillas á volta das vacacións xa que agora non nos da tempo a ver o proceso de xerminación e cremento.  

Estamos encantados de retomar actividades coa nosa ben querida Biblioteca Neira Vilas. Moitas grazas por doar as sementes que cuidaremos con moito cariño. 


venres, 3 de xuño de 2022

INICIÁMONOS NA BIBLIOTECA CREATIVA!

 Para ensinarlles a empregar os escornabots aos nosos alumnos/as primeiro temos que saber manexalo os mestres e mestras, así que puxémonos mans á obra. 

Contactamos con Almudena Alonso (www.competenciadixital.org) e Miguel Gesteiro (www.roboteach.es) para facer unha xornada de formación e que nos explicaran os múltiples usos didácticos dos escornabots. 

 



Queredes ver como poden bailar coreografías os escornabots? Almu e Miguel programaron os escornabots para que bailaran un baile. 


Por último comentar que outra das actividades coas que iniciamos as nosas andanzas na biblioteca creativa foi a través do deseño e creación de diversas esculturas con bloques de construcción xigantes de cartón. 




martes, 24 de maio de 2022

APORTACIÓNS DAS FAMILIAS!

 Queremos agradecer á familia de Ruí pola doazón á nosa biblioteca da colección de María Fumaça. Ruí entregou os exemplares asinados co seu selo persoal. Gústannos a implicación das familias na vida da nosa biblioteca e desexamos retomar as actividades coas familias que sempre tanto aportaron e desfrutar cos nosos alumnos/as de innumerables experiencias.

                                  MOITAS GRAZAS, familia de Ruí!!


xoves, 7 de abril de 2022

ENTREVISTA AO ALCALDE DE VIGO ABEL CABALLERO


 Tivemos a sorte de contar coa visita do noso querido Alcalde que veu inaugurar un columpio adaptado donado polo Concello de Vigo. E o alumnado dos programas formativos de  Formación Profesional Básica de Reprografía aproveitaron a ocasión para realizarlle unha entrevista.

Houbo un traballo previo de documentación e planificación das preguntas que lle ían a facer. 

Os nosos alumnos/as estaban moi emocionados e nerviosos esperando a chegada do Alcalde. 

Queremos compartir con toda a comunidade educativa o resultado final. 

Noraboa pola entrevista, rapaces/as!!





martes, 22 de febreiro de 2022

É TEMPO DE ENTROIDO!

 Amosamos os dous libros informativos sobre o entroido en Galicia! Cada un ten un código QR cun video e arquivos pdf. Pincha en cada imaxe para ir ao video de cada ún. 




FICHA COLOREAR 1     FICHA COLOREAR 2      FICHA COLOREAR 3