venres, 8 de xullo de 2022

RADIO TARTARUGA. CURSO 2021/2022. PODCAST GRAVADOS NO OBRADOIRO PONTE NAS ONDAS!

 OBRADOIRO DE RADIO CON PONTE NAS ONDAS!

Un ano máis confiamos o obradoiro de Radio a Ponte nas Ondas! Xerardo e Damián volveron demostrar que son unhas grandes persoas ademáis de grandes profesionais. Este ano tódalas etapas educativas participaron no obradoiro. Os grupos prepararon os seus guións previamente cos seus titores/as ou mestras de audición e linguaxe. Como novidade con respecto ao curso pasado cada grupo seleccionou a música que quería que sonara no seu programa e moitos deles remataron con sesión karaoke aproveitando que o proxecto deste ano foi a música. 

PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO DE RADIO A CARGO DO ALUMNADO DE PRIMARIA. 

Foron os primeiros en participar gravando a presentación da xornada. 

PROGRAMA DE RADIO DE SECUNDARIA. 
O alumnado de Secundaria realizou un programa de Radio que podería estar en calqueira emisora que se precie. Fixeron un podcast estruturado en varias seccións: fútbol, cine e literatura, destacando o recitado dun poema. 

PROGRAMA DE RADIO DE TRÁNSITO Á VIDA ADULTA GRUPO NORTE.
O alumando de Tránsito á Vida Adulta-Norte fixo un programa musical onde se preguntaban qué canción lles gusta máis. 


PROGRAMA DE RADIO DE TRÁNSITO Á VIDA ADULTA. GRUPO SUR. 
Os alumnos/s do grupo Sur de Tránsito á Vida Adulta falaron dos aniversarios, das vacacións e do que máis lles gusta. A destacar o Rap que se marcou o alumno André, todo un profesional!


PROGRAMA DE RADIO DE PREFPB. 
O locutor radiofónico Fawaz entrevistou aos seus compañeiros/as preguntándolles qué canción lles gustaba e logrou que cada un deles cantara un anaco da canción. Por algo estes rapaces forman parte do Coro das Emocións. Felicidades ao mestre de música Alejandro Lorenzo por conseguir que venzan á timidez e deixen voar a súa creatividade cantando!


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE LAVANDEIRÍA E COCIÑA
O alumnado de Lavandeiría e Cociña falaron das cousas que fan no seu ciclo, do concurso de café que participaron e lle fixeron unha entrevista a un alumno que ía a facer as prácticas. 


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE REPROGRAFÍA. 
O alumnado de Reprografía falaron das cousas que fan no seu taller e lembraron a entrevista que lle fixeron ao alcalde de Vigo Abel Caballero. 


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE PERRUQUERÍA. 
O alumnado de Perruquería falaron das moitas cousas que fixeron no seu taller ao longo do curso, da visita dunha antiga alumna do profe Luis e do que máis lle gustou do curso que xa remata. 


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE CARPINTERÍA.
O alumnado de Carpintería relatan as innumerables tarefas que fan no seu taller para facer mobles tan bonitos que logo colocan en moitas aulas e zonas do cole, e como non, na nosa biblioteca. Terminan o programa contando unha anécdota acerca dun crebanoces...pero, non vamos a desvelar nada máis, xa que é mellor que o escoitedes!


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE XARDINERÍA
Esta vez o alumnado de Xardinería falaron de todas as cousas que fan para manter o cole así de bonito, con esas flores e decoración que tanto gusta a todo o mundo. Tamén falaron da FP dual e da excursión de fin de curso. 

E como os nervios do directo moitas vecen nos traicionan fixemos unha montaxe posterior engadindo dúas aportacións de alumnos que no primeiro momento non se veron con ánimo de falar diante dun micro. Pero pouco a pouco irémolo conseguindo. Noraboa rapaces e rapazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario