1.- PODCAST POLA PAZ
Gravamos un podcast conxunto. Neste podcast están representadas tódalas etapas educativas do centro: Primaria, Secundaria, Tránsito á Vida Adulta e Programas Formativos de Formación Profesional Básica. Ademáis participaron alumnos/as con voz ou sen ela, empregando comunicadores como Grid3. No podcast os alumnos e mestres preguntanse qué pode aportar cada un deles para que haxa paz ó arredor. Grazas as profes por axudar ao alumnado a participar. Durante o desenrolo do programa escoitanse cancións pola paz escollidas polo alumnado das distintas etapas. Esperamos que vos guste tanto como a nós!
2- PODCAST SOBRE A GUERRA. ALUMNADO DE PFB DE LAVANDEIRÍA, CARPINTERÍA E PERRUQUERÍA COA PROFE DE BÁSICAS ANA CORTEGOSO.
Podcast especial pola Paz e rechazo á guerra que non vos podedes perder!
3- XOGOS FLORAIS: RECITADO DUN POEMA DE SILVIA ARAGUNDE POR ALUMNADO DE SECUNDARIA.
O poema ´´ Os paxaros que anidan todos os anos no limoeiro na casa de Cambados´´ é unha oda á natureza, a vida que pasa, a eses paxaros que nos visitan en primavera...este poema é delicado e moi agarimoso. Moitas grazas a Silvia Aragunde (nai dun alumno do centro) por participar no certame literario XXI Xogos Florais co gallo das Letras Galegas. Ao alumnado de Secundaria gustoulle tanto a poesía que decidiron facer unha homenaxe a Silvia e ao seu poema recitando o poema e gravando un podcast.
4- ´´MUIÑEIRA DAS ÁRBORES´´.
Grazas ao mestre de música Alejandro Lorenzo por recompilar estrofas de coplas tradicionais galegas sobre as árbores e compoñer esta peza tan bonita para amenizar o día da celebración dos maios. Acompañamento vocal pola mestra de AL M. Fragueiro. Estamos namorados desta canción e gustounos camiñar por eses longos corredores do noso cole escoitando a canción porque nas aulas os alumnos/as estaban disfrutando dela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario