martes, 28 de novembro de 2017

CONTOS NO PARQUE DE BOLAS ´´LA JUNGLA´´

O vindeiro 22 de novembro os máis peques do cole foron de excursión ao parque de bolas ´´La Jungla´´ en Mos, que abriu as súas portas hai pouco tempo.  

Cal foi a nosa sorpresa cando atopamos no recinto un recuncho de contos. Agradecemos ao persoal da empresa que tivera esta iniciativa de crear un espazo de lectura nun recinto lúdico. 

Parabéns!




venres, 17 de novembro de 2017

SAMAÍN

Na semana do 23 ao 27 de outubro celebrámo-lo Samaín cunha semana moi intensa chea de actividades terroríficas. Amosamos as vencelladas á nosa biblioteca: 

O RECUNCHO DO SAMAÍN

O equipo de biblioteca fixo unha selección de libros, contos, cómics e videos coa temática do Samaín estando á disposición de todo o persoal do centro. 


CONTACONTOS DE TERROR NO RECREO

Proxectamos curtos de terror, contacontos e contos musicais de medo no recreo durante esa semana. 



OBRA DE TEATRO


O equipo de mestres de dinamización da lingua atreveuse a realizar unha representación teatral adaptando contos de medo baixo o título ´´ O cocón debaixo do colchón´´... o alumnado pasou un momento agradable comprobando as dotes teatrais dalgúns mestres do Saladino. 







xoves, 16 de novembro de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O PASADO 24 DE OUTUBRO CELEBRÁMO-LO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. 
O ALUMNADO DE TRÁNSITO Á VIDA ADULTA QUE FORMA PARTE DO GRUPO DE TEATRO DO CENTRO PREPAROU UNHA REPRESENTACIÓN DOS CONTOS: ´´A QUÉ SABE A LÚA´´ E ´´ TE QUIERO UN MONTÓN´´. 
FOI UNHA XORNADA LÚDICA E MOTIVADORA NA QUE TODO O ALUMNADO DISFRUTOU DO GRUPO DE TEATRO E DA SÚA POSTA EN ESCENA QUE SEMPRE É SORPRENDENTE E EXQUISITA. 

mércores, 15 de novembro de 2017

NOVIDADES

Comezamos o curso incorporando novos membros ao equipo de biblioteca do noso centro. Un equipo que amosa ilusión e ganas de facer da biblioteca un espazo creativo de aprendizaxes. 

Poñemos en funcionamento novamente este Blog incorporando fondos novos á sección de novidades. 

Esperamos que vos gusten!