martes, 21 de maio de 2019

STOP VIOLENCIA

25 de novembro do 2018

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, visionamos e traballamos unha serie de curtas para concienciar ao alumnado sobre o tema. Estas curtas serviron para falar e debatir sobe a igualdade de xénero. A que máis lles fixo reflexionar foi "Querido papá". Adxuntamos enlace para que as poidades ver.

https://www.youtube.com/watch?v=iue_2fa93dI

https://www.youtube.com/watch?v=aLF76UvvhBk






Chegou o Samaín.


SAMAÍN NO SALADINO

Para festexar o samaín organizamos unhas xornadas de cine terrorífico, onde a peli seleccionada foi "La novia cadáver". O alumnado de FPB encargáronse os carteis do evento e cada ciclo visionou a película en diferentes horarios.

O profesorado do equipo de dinamización da lingua galega e o coordinador de actividades extraescolares e complementarias, deleitounos ca obra de teatro "O cocón debaixo do colchón", no que todos e todas disfrutamos, rimos e pasamos medo a partes iguais.




Comezo do curso escolar 2018-19


Curso 2018-19. Nova estructura do espazo da biblioteca.

O proxecto deste curso no Saladino Cortizo está adicado ao cine polo que este será o eixe común de todos os contidos e festexos do centro.

Neste curso, coa dotación económica otorgada ao centro adquiriuse novo material e mobiliario co fin de mellorar a biblioteca. Ademáis, contamos cunha nova estructura que facilita o uso e disfrute do espazo.