venres, 30 de xuño de 2023

BIBLIOTECA CREATIVA CURSO 2022-2023

 ESCORNABOTS: Seguimos formándonos no emprego de escornabots. 


E dinamizando actividades para empregar os escornabots mentres aprendemos cousas novas. 



IMPRESORA 3D: Iniciámonos no emprego e manexo da impresora 3D.


E comezamos a facer as primeiras probas coa impresora. Comezamos por adaptar este vaso para o noso alumnado con movilidade reducida. É increible como a través dun deseño plano pode convertirse nunha peza tridimensional!!




CARRIÑOS DE MATERIAIS CREATIVOS: Organizamos en carriños diverso material de biblioteca creativa, un para cada corredor para que se poida levar ás aulas. Nos carros hai escornabots, xogos de montaxe e libros de creatividade.
 


E como nos está a gustar isto da impresión 3D no mes de xuño mercamos bolis 3D

Queredes ver cómo se emprega un teclado adaptado para controlar os escornabots? Grazas a Competencia Dixital por levar á práctica a nosa idea!! Os noso alumnado con maior dificultade motriz  estavos agradecidos!

luns, 26 de xuño de 2023

ASÍ FORON AS NOSAS XORNADAS DE LECTURA E FAMILIAS

Amosamos uns videos do que foron o inicio do proxecto Lectura e Familias neste curso. Un proxecto que iniciamos con moita ilusión xa que tiñamos moitas ganas de retomar actividades e encontros coas familias. 

Este curso para celebrar que estamos no proxecto decidimos facer unhas xornadas en horario lectivo, unhas xornadas de convivencia de TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: familias, alumnado, profesorado, persoal laboral...unhas xornadas para celebrar que por fin podemos voltar  a xuntarnos.  

Este é o inicio dun proxecto que seguiremos desenvolvendo nos vindeiros cursos. 

Queremos dar as grazas as familias por vir. Sabemos que moitos de vos fixestes un gran esforzo xa que é dificil achegarse ao cole pola mañá porque é tempo de traballo. Grazas!!!




Grazas a Pablo Otero, Cristina Collazo e Jorge Campos por vir a pasar unhas xornadas en familia e amosarnos que pódense facer moitas actividades en familia que fomentan a lectura. 

Por último, queremos compartir a adicatoria de Jorge Campos que deixou asinada no libro de visitas da nosa biblioteca. 



venres, 16 de xuño de 2023

O CORO DAS EMOCIÓNS FAI UNHA VERSIÓN DA CANCIÓN ´´A PONTE´´

 O alumnado dos programas formativos de Formación Profesional Básica de Pretaller, Reprografía e Xardinería atrevéronse a interpretar a canción ´´ A Ponte´´ baixo a batuta do mestre de música Alejandro Lorenzo.

Foi un proxecto de colaboración coa actividade proposta pola Asociación Ponte nas Ondas ´´En maio Ponte a xogar cantando´´. 

Na canción  orixinal colaboraron grandes artistas como a nosa querida Uxía, Chico César, Celina da Piedade e Cheny Wa Gune e compoñeuse coma homenaxe a Ponte nas Ondas polo seu recoñecemento pola Unesco coma modelo de boas prácticas pola seu compromiso á promover a cultura galega e portuguesa. 

A nosa versión fala de construir pontes para que non haxa obstáculos, xa que todos e todas somos iguais a ao mesmo tempo distintos. 

Fixeron a presentación do podcast alumnado de Secundaria da clase da mestra Carmen, (Iker, Sara y Claudia - Secundaria B)

Esperamos que vos guste!!


martes, 6 de xuño de 2023

VISITA DO ESCRITOR MANUEL ESTEBAN

 No mes de Maio tivemos a sorte de recibir a Manuel Esteban, médico, profesor, escritor e pai dun alumno do cole o cal presentou con moito agarimo e tenrura. Vos convidamos a que escoitedes a entrevista que lle fixeron os alumnos de PreFpb e Fpb. Premio Xerais 2016 pola súa novela ´´ A ira dos mansos´´ Manuel veunos falar da súa nova obra chamada ´´Setestrelo´´









VISITA DE MIGUEL LÓPEZ ´´EL HEMATOCRÍTICO´´

 Lembramos a visita do autor ´´El Hematocrítico´´ que veunos falar dos seus libros. Os alumnos  e alumnas de Secundaria fíxéronlle moitas preguntas e os de Tránsito á Vida Adulta animáronse a facerlle unha entrevista na Radio Saladina. 



´




XORNADAS LECTURA E FAMILIAS

 Organizamos con moita ilusión as xornadas para as familias. Unhas xornadas para clausurar o curso, para achegar o centro ás familias, para abrir as portas e para que se sintan novamente en casa tras uns anos de pandemia.

Ideamos obradoiros para familias e alumnado a tódolos ciclos do centro. Dúas delas están programadas para inicios do vindeiro curso para darlle continuidade ao proxecto que iniciamos este ano. 

Compartimos o cartel e programa dos obradoiros. Familias, agardámosvos cos brazos abertos!