O alumnado dos programas formativos de Formación Profesional Básica de Pretaller, Reprografía e Xardinería atrevéronse a interpretar a canción ´´ A Ponte´´ baixo a batuta do mestre de música Alejandro Lorenzo.
Foi un proxecto de colaboración coa actividade proposta pola Asociación Ponte nas Ondas ´´En maio Ponte a xogar cantando´´.
Na canción orixinal colaboraron grandes artistas como a nosa querida Uxía, Chico César, Celina da Piedade e Cheny Wa Gune e compoñeuse coma homenaxe a Ponte nas Ondas polo seu recoñecemento pola Unesco coma modelo de boas prácticas pola seu compromiso á promover a cultura galega e portuguesa.
A nosa versión fala de construir pontes para que non haxa obstáculos, xa que todos e todas somos iguais a ao mesmo tempo distintos.
Fixeron a presentación do podcast alumnado de Secundaria da clase da mestra Carmen, (Iker, Sara y Claudia - Secundaria B)
Esperamos que vos guste!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario