xoves, 14 de xuño de 2018

CREAMOS O PROGRAMA BOOM DA VOLTA Ó MUNDO


Para rematar o proxecto Á VOLTA Ó MUNDO convertimos o salón de actos nun plató de televisión


 CONCURSO BOOM DA VOLTA Ó MUNDO
                                 

Fixemos as bombas, o decorado, etc...


                  

Entre os diversos ciclos, establecimos os roles do alumnado:

                      dous presentadores
                      dous grupos de participantes
                      un grupo de rapaces que tiraban confeti
                      outros sumaban as puntuación
                      outros facían de público

                                                        
                         


Empregamos o programa Kahoot para expoñer as preguntas con imáxenes e determinar o tempo de resposta
                          

Ó final do concurso entregaronse dúas copas repletas de chocolatinas a repartir co todo o alumnado

      

Todos o pasamos moi ben

venres, 8 de xuño de 2018

Exposición Julio Verne


O día 7 de xuño, os alumnos de FPB visitaron, no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO), a exposición “Vigo e Verne: 150 anos da visita do Nautilus”.
A exposición está baseada na visita literaria que o submarino Nautilus dispensou á cidade o 18 de febrero de 1868, como o recolle a novela de Julio Verne 20.000 leguas baixo dos mares, no capítulo A badía de Vigo.
Mediante un percorrido guiado, o alumnado do Saladino Cortizo tiveron a ocasión de coñecer aspectos da vida do escritor francés Julio Verne relacionados coa nosa cidade, tanto literarios —a citada aparición da cidade na súa popular novela— como históricas, xa que Julio Verne visitou Vigo en dúas ocasións.
Os alumnos, ademais, interactuaron con variedade de elementos da exposición, en moitos casos recoñecibles grazas ao proxecto “A volta ao mundo” que estamos a desenvolver no centro.





mércores, 6 de xuño de 2018

PRESENTACIÓN DE PAÍSES

O alumnado de cada ciclo está acudindo a biblioteca a explicarlles os demáis compañeiros os países que traballaron nas aulas.

Os países escollidos foron: China, Grecia, India, Estados Unidos, Senegal, México e Arxentina


                  

                 

                             

                            

                         


CONTACONTOS: O COELLIÑO BRANCO E ROBINSON CRUSOE

Un familiar dunha alumna de 2º ciclo visitounos á biblioteca para facer dous contacontos

O coelliño branco
Robinson Crusoe




martes, 5 de xuño de 2018

CONTACONTOS

O pai dun alumno de TVA visitounos para facer un contacontos na biblioteca do colexio

Esta vez foi un contacontos onde os rapaces participaron moito, xa que ía facendo preguntas e os rapaces contestaban

Falaron de Vigo, das Illas, da cidade...

O pasaron moi ben



luns, 4 de xuño de 2018

Compañía de Teatro "Os Saladinos"

Como todos os anos, a compañía de teatro "Os Saladinos" preparou una obra de teatro titulada

 "VALIDACIÓN"

O alumnado de Tránsito á vida adulta coa colaboración de parte do alumnado de Programas Formativos de FPB prepararon a obra durante meses, e en maio representaron a obra en distintos colexios, e ata no concello. 
Esta obra é adaptada dunha sinxela e alegre curtametraxe creada por Kurt Kuenne que demóstranos o poder do pensamento e da actitude positiva.
A obra trata dun xoven encargado de "validar" tickets de aparcadoiro, que demostra o fácil que é facer feliz o día a día de tódalas persoas que se acercan a validar o seu ticket de aparcadoiro. O xoven John regálalles unha sonrisa acompañada sempre de bonitas e sinceiras palabras, porque é capaz de atopar algo bo en cada persoa.