luns, 4 de xuño de 2018

Compañía de Teatro "Os Saladinos"

Como todos os anos, a compañía de teatro "Os Saladinos" preparou una obra de teatro titulada

 "VALIDACIÓN"

O alumnado de Tránsito á vida adulta coa colaboración de parte do alumnado de Programas Formativos de FPB prepararon a obra durante meses, e en maio representaron a obra en distintos colexios, e ata no concello. 
Esta obra é adaptada dunha sinxela e alegre curtametraxe creada por Kurt Kuenne que demóstranos o poder do pensamento e da actitude positiva.
A obra trata dun xoven encargado de "validar" tickets de aparcadoiro, que demostra o fácil que é facer feliz o día a día de tódalas persoas que se acercan a validar o seu ticket de aparcadoiro. O xoven John regálalles unha sonrisa acompañada sempre de bonitas e sinceiras palabras, porque é capaz de atopar algo bo en cada persoa.


        

2 comentarios: