Lembramos o traballo tan creativo e visual do noso alumnado que fixo sobre as máscaras do noso Entroido tradicional en Galicia. Boteiros, peliqueiros, merdeiros, madamas e galáns ou vergalleiros foron os protagonistas do noso hall durante o entroido. Como as máscaras quedaron tan bonitas e os rapaces/as fixeron un estupendo traballo agora decoran o comedor do cole.
venres, 10 de xuño de 2022
BIBLIOTECAS ESCOLARES CARBALLAL
Recibimos un email dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do noso cole veciño o CEIP CARBALLAL o cal compartiron con nós o seu traballo de Bibliotecas Escolares Solidarias. Trátase de contos adaptados: audiolibros e con lingua de signos. Os códigos QR enlazan aos audios dos contos para poder escoitalos.
Moitas grazas, rapaces e rapazas. Bo traballo!!
FARO DA ESCOLA
DOUS PREMIOS DE FARO DA ESCOLA ESTÁN RELACIONADOS COA BIBLIOTECA
Estamos moi contentos de recibir dous premios na VII Edición de Faro da Escola. Faro da Escola é un proxecto de Faro de Vigo co que pretende achegar a prensa e os periódicos aos centros educativos da provincia de Pontevedra. Ao longo do curso os centros traballan no deseño dun periódico con novas, reportaxes, entrevistas...ao final de curso Faro de Vigo organiza unha gala para dar uns premios aos centros participantes. Este curso recibimos dous premios vencellados coa biblioteca escolar.
1.- TERCEIR PREMIO ´´ MELLOR REPORTAXE´´ CEE SALADINO CORTIZO: ´´LA OTRA VOZ DEL COLEGIO SALADINO CORTIZO ´´: reportaxe sobre os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación como unha alternativa ao alumnado que non ten linguaxe oral e como pode axudar a estos alumnos a participar en dinámicas da biblio, por exemplo, na grabación de podcast.
3.- Outra noticia de difusión sobre os proxectos actuais que está a desenvolver a nosa biblioteca foi a seguinte:
PÓSTER ENCONTROS PLAMBE
O pasado 25 de marzo asistimos como tódolos anos aos encontros de centros Plambe (Plan de Mellora de bibliotecas escolares). Este ano a Asesoría de Bibliotecas Escolares convidounos a presentar un póster con alguna experiencia da nosa biblio. Puxémonos mans a obra e decidimos realizar un póster sobre o proxecto do Camiño de Santiago que fixemos o curso pasado. E este foi o resultado. O póster foi un éxito. Moitos mestres doutros centros estiveron moi atentos ao póster facendo preguntas e dando a noraboa a alumnado e profesorado. O código QR enlaza directamente ao proxecto. Se queredes ver o proxecto completo pinchade no enlace.
MOCHILAS VIBRATORIAS
O mestre Pablo contactou coa empresa Entresignos para facer unha exposición das mochilas vibratorias. A biblioteca deulle a benvida as mochilas o pasado 31 de maio. Foi unha experiencia única para o noso alumnado. ´´Mochilas que fan vibrar a quen non pode escoitar a música´´. Estas mochilas cambian as notas musicais por vibracións. Aínda que as mochilas están pensadas para a comunidade con diversidade funcional auditiva están adaptadas para todo tipo de público. En moitos concellos xa están dispoñibles para poder empregalas en concertos. Estas mochilas que nos trouxeron para probar precisamente pertencen ao Concello de Nigrán. Alumnado e mestres/as e persoal coidador probaron as mochilas. A maioría dos que a probaron lles encantou a experiencia e moitos rapaces non querían quitar a mochila.
BIBLIOTECA CREATIVA
PREPARADOS, LISTOS, XA....OS ESCORNABOTS A BAILAR!
Queredes ver como se poden programar os escornabots e poñelos a bailar? Alumnado dos Programas Formativos de Formación Profesional Básica puxéronse mans á obra. Aproveitamos que o noso PDI deste curso é a música e que mellor que programar una actividade musical cos escornabots.
TOBII
Na foto vemos á mestra Carmen Toro lendo un conto dixital e pasando as páxinas sen tocar a tableta, soamente a través da mirada.
CANVA
FORMACIÓN DE USUARIOS: APRENDENDO CANVA
Inmersos no deseño do noso Plan Dixital decidimos realizar esta xornada formativa ´´entre nós´´. A coordinadora TICS púxose mans á obra para coordinar esta sesión. A mestra e membro do equipo de biblioteca, Rebeca Medina Sola impartiu unha sesión de usos didácticos de CANVA para todos o mestres/as e profesores/as do centro. Foi unha experiencia moi enriquecedora e quedamos con ganas de organizar máis sesións formativas para o vindeiro curso.
martes, 7 de xuño de 2022
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Recollimos na Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas unhas sementes para festexar o Día Mundial do Medio Ambiente. Plantaremos estas semillas á volta das vacacións xa que agora non nos da tempo a ver o proceso de xerminación e cremento.
Estamos encantados de retomar actividades coa nosa ben querida Biblioteca Neira Vilas. Moitas grazas por doar as sementes que cuidaremos con moito cariño.
venres, 3 de xuño de 2022
INICIÁMONOS NA BIBLIOTECA CREATIVA!
Para ensinarlles a empregar os escornabots aos nosos alumnos/as primeiro temos que saber manexalo os mestres e mestras, así que puxémonos mans á obra.
Contactamos con Almudena Alonso (www.competenciadixital.org) e Miguel Gesteiro (www.roboteach.es) para facer unha xornada de formación e que nos explicaran os múltiples usos didácticos dos escornabots.