Amosando publicacións coa etiqueta contos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contos b>. Amosar todas as publicacións
venres, 10 de xuño de 2022
mércores, 17 de xuño de 2020
DÍA DA ÁRBORE E DO MEDIO AMBIENTE.
No mes de xuño celebramos o día da árbore. É unha data moi especial na vida do noso centro xa que é un día de xuntanza e convivencia con alumnos e alumnas doutros centros. Debido á pandemia do Covid-19 non podemos estar no cole, pero seguimos traballando a distancia.
O equipo de actividades extraescolares anímanos a facer varias actividades:debuxar unha árbore, abrazar unha árbore, facer un marcapáxinas...O equipo de biblioteca quere colaborar presentando os seguintes contos e videos. Esperamos que vos gusten.
UN ÁRBOL. CONTO CON PICTOGRAMAS
Alina decidiu plantar unha árbore e todo comezou a cambiar. Ás veces unha pequena decisión é suficiente para transformar todo o que nos rodea.
ÁRBOL. CONTO CANTADO
Atrevémonos a cantar un conto. Cantades connosco?
A PAISAXE DAS ÁRBORES DURANTE UN ANO
Un ano en 40 segundos é un video feito cunha cámara fixa gravando durante un ano nunha paisaxe de árbores. Video moi visual que queremos compartir para observar que a paisaxe vai cambiando.
BAIXO A SOMBRA DUNHA ÁRBORE
Queres saber qué pasa baixo a sombra dunha árbore? Un cazador galego puxo unha cámara nunha árbore durante un ano nun bosque de Lugo. E moitos animais pasaron por alí. A ver se os coñecedes.
DEBUXAR UNHA ÁRBORE
E para axudarvos na tarefa de debuxar unha árbore compartimos este video para debuxar unha árbore de forma moi sinxela. Colle lápiz e papel e comeza a debuxar!
domingo, 7 de xuño de 2020
NÓS TAMÉN CONTAMOS CONTOS!
Abrimos con moita ilusión unha nova sección de contacontos feitos por nós! Esperamos que vos guste.
Hoxe adxuntamos a adaptación do conto ´´ La escalera´´ de Beatriz Montero ( Editorial OQO). É unha das propostas do profesorado do primeiro ciclo para rematar este curso. Non vos queremos dicir nada do conto, para que o vexades, soamente desvelar que os intrépidos protagonistas son coñecidos...
venres, 24 de abril de 2020
CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO
CONTACONTOS
Qué mellor maneira de festexar este día compartindo con tódalas familias un contacontos feito con moita ilusión pola mestra de TVA e membro do equipo de Biblioteca, INÉS. Trátase da adaptación do conto: ´´El cazo de Lorenzo´´.
#FAME DE PALABRAS
Para este día tamén damos por rematada a nosa participación na iniciativa de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia a cal nos convidaba a enviar fotografías de palabras xunto coas portadas dos libros ás que pertencen. Resulta curioso que a maior parte das palabras elexidas están vencelladas a estes días que estamos a pasar nas nosas casas: amor, abuela, maxia, heroes, abrazo, familia, extraordinario,...
VIDEO-MONTAXE
Outro vídeo que queremos compartir son imaxes sen texto para pensar e reflexionar por qué é tan importante a lectura e qué nos aportan os libros. ⇰ Lembrámosvos que aínda podedes participar no Libro: ´´Eu fico na casa´´ que estamos a facer entre todos, puidendo colaborar entregando videos, audios, debuxos, fotografías, todo o que se vos ocurra acerca das actividades que levades a cabo na casa en familia nestas semanas.
FELIZ DÍA DO LIBRO, FAMILIAS!
Etiquetas:
conto.,
contos,
cuentacuentos,
cuento,
cuentos,
día del libro,
dia do libro,
el cazo de lorenzo,
eu fico na casa,
fame de palabras,
o cazo de lorenzo,
yo me quedo en casa
venres, 10 de abril de 2020
FAME DE PALABRAS
Seguindo coa celebración do Mes do Libro na nosa biblioteca, o persoal do Centro participa na proposta de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia seleccionando palabras xunto ás portadas dos libros ás que pertencen. Está sendo unha actividade moi especial nestes días. Escollemos un libro que é significativo para nós e unha palabra representativa do que estamos a pasar estes días.
Nós tamén temos Fame de Palabras.
Acabamos de subir as primeiras fotos para que vos animedes!




Nós tamén temos Fame de Palabras.
Acabamos de subir as primeiras fotos para que vos animedes!




Etiquetas:
conto,
contos,
coronavirus,
cuento,
cuentos,
dia do libro infantil,
dia do libro infantil e xuvenil,
dia do libro xuvenil,
fame de palabras
martes, 31 de marzo de 2020
SELECCIÓN DE MATERIAL SOBRE O CORONAVIRUS
Dende o equipo de biblioteca queremos compartir coas familias distintos materiais explicativos sobre o coronavirus.
Sabemos o difícil que debe ser para moito do noso alumnado permanecer nas casas estes días. Para que poidan entender a situación fixemos unha selección de materiais útiles que lles poden axudar a comprender o que está pasando e por qué cómpre estar na casa. Para o alumnado TEA e para aqueles sen lectura amósase dúas historias sociais con pictogramas da páxina web de Arasaac. Para o alumnado que ten lectura engadimos dous contos con información sobre o coronavirus.
Tamén adxuntamos unhas pautas e orientacións da psicóloga e educadora social Elena San Martín Suárez para sobrelevar este longo período na casa.
Tedes o material seleccionado no menú da dereita.
Un cordial saúdo. Moito ánimo a tódalas familias! Xuntos o conseguiremos!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



