venres, 24 de abril de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

CONTACONTOS
Qué mellor maneira de festexar este día compartindo con tódalas familias un contacontos feito con moita ilusión pola mestra de TVA e membro do equipo de Biblioteca, INÉS. Trátase da adaptación do conto: ´´El cazo de Lorenzo´´. 


#FAME DE PALABRAS
Para este día tamén damos por rematada a  nosa participación na iniciativa de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia a cal nos convidaba a enviar fotografías de palabras xunto coas portadas dos libros ás que pertencen. Resulta curioso que a maior parte das palabras elexidas están vencelladas a estes días que estamos a pasar nas nosas casas: amor, abuela, maxia, heroes, abrazo, familia,   extraordinario,...



VIDEO-MONTAXE
Outro vídeo que queremos compartir son imaxes sen texto para pensar e reflexionar por qué é tan importante a lectura e qué nos aportan os libros. 

⇰ Lembrámosvos que aínda podedes participar no Libro: ´´Eu fico na casa´´ que estamos a facer entre todos, puidendo colaborar entregando videos, audios, debuxos, fotografías, todo o que se vos ocurra acerca das actividades que levades a cabo na casa en familia nestas semanas. 


FELIZ DÍA DO LIBRO, FAMILIAS!


xoves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR 2020.

E xa chegou un dos días máis importantes na nosa biblioteca: O día do libro.
Gustaríanos celebralo todos xuntos pero as circunstancias nos obrigan a ficar na casa.
Amosamos unha adaptación do fermoso CARTEL editado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  para conmemorar este día. Vai adxunto un pequeno texto de Manuel Gago, escritor, xornalista e divulgador da cultura galega. Para facilitar a accesibilidade á información do texto fixemos un audio da lectura.

22 DE ABRIL. DÍA DA TERRA

Ola familias!

Neste día queremos concienciar e reflexionar sobre a contaminación que ameaza ao noso planeta.

A orixe desta conmemoración remóntase ao 22 de abril de 1970 cando millóns de cidadáns dos EEUU, manifestáronse e movilizáronse para sensibilizar e aumentar a conciencia social do noso planeta.

Lembra as 3 erres: REDUCIR, RECICLAR, REUTILIZAR (REFUSAR).

Queremos compartir esta historia de Eva Clemente: ´´ ¿Qué le pasa al planeta?´´.

Esperamos que vos guste.


venres, 10 de abril de 2020

FAME DE PALABRAS

Seguindo coa celebración do Mes do Libro na nosa biblioteca, o persoal do Centro participa na proposta de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia seleccionando palabras xunto ás portadas dos libros ás que pertencen. Está sendo unha actividade moi especial nestes días. Escollemos un libro que é significativo para nós e unha palabra representativa do que estamos a pasar estes días. 

Nós tamén temos Fame de Palabras. 

Acabamos de subir as primeiras fotos para que vos animedes!






  
 


mércores, 1 de abril de 2020

MES DO LIBRO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Este é un mes moi especial para a nosa biblioteca. O día 2 celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e o día 23 o Día do Libro. Decidiuse elexir o día 2 de abril porque coincide co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de moitos contos clásicos coñecidos por todos nós. 

Pois ben, o Equipo de Biblioteca quere organizar dúas actividades e pedimos a VOSA COLABORACIÓN: 

1.- ´´ O MEU LIBRO FAVORITO´´
Gustaríanos que nos enviedes unha mensaxe explicando qué libros son os favoritos, cáles vos gustan máis. Podedes participar tanto as familias como os alumnos e alumnas. Poden ser libros de todo tipo: cómics, contos, novelas, recetarios, poesía, etc

2.- FAGAMOS UN LIBRO: ´´EU FICO NA CASA´´


Estamos a vivir unha situación excepcional. Sabemos que ficar na casa cos vosos fillos e fillas está a ser unha tarefa moi complicada. E se facemos un libro entre todos/as? O noso libro está en branco e gustaríanos enchelos coas vosas aportacións. O cartel deste ano do Día do Libro Infantil fala de FAME DE PALABRAS. O profesorado do centro temos fame das vosas palabras, das vosas mensaxes. Botámosvos de menos!

Podedes falar de cómo o levades estes días, ou algunha actividade que fagades en familia, mensaxes de ánimo para as familias, fotos, audios, videos, debuxos, poesías,...todo ten  cabida no noso libro. Deixade voar a vosa imaxinación e creatividade. A ver qué se vos ocurre!

Qué mellor maneira de celebrar o mes do libro facendo un libro entre todos/as!

Enviade as vosas aportacións para as dúas actividades ao email da biblio:

biblioteca.saladino@gmail.com

Ánimo familias! Xuntos o conseguiremos!