venres, 27 de abril de 2018

SEMANA DE DIVERSAS LECTURAS

Con motivo da celebración do día do libro, dende o equipo de biblioteca programamos nos recreos da semana do 23 de abril ó 27 de abril expoñer contos empregando o proxector e o encerado dixital:

Luns 23 de Abril: “Kirikú y la bruja”, trata sobre unha aldea africana asolada poLa bruxa Karabá, que extendeu un maleficio e comeuse os habitantes do pobo. Pero nace Kirikou, e o valente neno decide enfrentarse á bruxa para salvar a súa xente, pero en vez de empregar a violencia, decide empregar a astucia e o saber.

         
Martes 24 Abril: O alumnado do Programa Formativo de Reprografía, expuso un contacontos ó alumnado do primeiro ciclo, o conto titúlase: “Os chivos chivón”


Mércores 25 Abril: O alumnado visionou “o caracol serafín”, e estiveron xogando co encerado dixital

Xoves 26 Abril: O alumnado contou historias cunhas cartas con debuxos, as historias as contaron en grupo, despois xogaron 

Venres 27 Abril: Os rapaces e rapazas crearon historias a través de 5 dados con imáxenes. 




mércores, 25 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO



ESTE LUNS CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

O NOSO ALUMNADO TROUXO DAS SÚAS CASAS O SEU LIBRO FAVORITO E REALIZAMOS UN EXPOSITOR NA ENTRADA DO COLEXIO  A MODO "FEIRA DO LIBRO".



DANDO A OPORTUNIDADE A TODO O ALUMNADO DE VISITAR A "FEIRA DO LIBRO" E DESCUBRIR NOVOS LIBROS, E TER A POSIBILIDADE DE ESCOLLER UN E LEELO NA SÚA AULA.

DURANTE TODA A SEMANA TRABALLAREMOS CON ESTE MATERIAL, E MÁIS ADIANTE SUBIREMOS OUTRA ENTRADA CO QUE FIXO O ALUMNADO.

FELIZ DÍA DO LIBRO