mércores, 6 de novembro de 2019

RADIO NA BIBLIO



O noso Centro foi seleccionado para introducir a radio na nosa Biblioteca. Radio na Biblio é un proxecto dirixido a centros integrados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), o cal o noso centro forma parte. O pasado 25 de outubro asistimos a Santiago a unha xornada formativa para os centros que poñen en marcha o proxecto de Radio na Biblio. No blog e na web do centro iremos colgando os audios gravados polo noso alumnado no laboratorio de radio.