venres, 9 de xullo de 2021

RADIO TARTARUGA 2020/2021

Este curso a Radio foi a protagonista na nosa biblioteca. Alumnado de Segundo Ciclo, Tránsito á Vida Adulta Norte e Sur e Programas Formativos de Formación Profesional Básica participaron en tres OBRADOIROS DE RADIO organizados pola Asociación Ponte  nas Ondas. Queremos agradecer a presenza de Xerardo e Damián. Son unhas persoas encantadoras e moi bos profesionales. Os nosos alumnos aprenderon moito con eles. 





1.- PROGRAMAS DOS OBRADOIROS DE RADIO 



2.- III CONCURSO DE PODCAST: ´´XOSÉ MOSQUERA PÉREZ. O VELLO DOS CONTOS´´. 
Compartimos os podcast que gravaron os alumnos/as para participar no III Concurso de podcast: ´´Xosé Mosquera Pérez. O vello dos contos´´. Un concurso organizado polo IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraiano Produccións e o Equipo de Dinamización da Lingua da Xunta de Galicia. Foi un pracer para nós recibir unha mención especial ao noso traballo. A mestra Rebeca e os seus alumnos/as de Tránsito á Vida Adulta-C están moi contentos de recibir o premio. Acudiron a Santiago a recibilo. 

Facemos un podcast, descubrimos a Xela - CEE Saladino Cortizo from Arraianos on Vimeo.


OUTROS PODCAST QUE PARTICIPARON NO CONCURSO. 
Podcast creado co gallo do PDI do Camiño de Santigo: ´´ Peregrinos do Saladino facendo o camiño´´ por alumnado de Tránsito á Vida Adulta. Grupo Sur. Enviouse ao concurso de Podcast Xosé Mosquera Pérez.


Segundo Ciclo tamén participou no concurso gravando un podcast sobre Xela Arias, homenaxeada este ano o día das Letras Galegas. 



3.- PROGRAMA ESPECIAL: ´´AS NOSAS CANCIÓNS FAVORITAS´´
A última semana de colexio alumnado de Segundo Ciclo, Tránsito á Vida Adulta e programas formativos de Formación Profesional Básica adicaron cancións que se escoitaban na entrada do cole pola mañá coincidindo coa hora de entrada dos alumnos/as e pola tarde á hora de marchar. Adxuntamos un exemplo dos programas de radio emitidos estes días. 


4.- POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO. PFFPB
O día 24 de febreiro de 2021 celebramos o día de Rosalía de Castro coincidindo co día do seu nacemento. Escoitamos poemas recitados por Amancio Prada e alumnado dos programas formativos de Formación Profesional Básica fixéronlle unha sentida homenaxe recitando fragmentos dos poemas que máis lle gustaron. 


5.- DÍA MUNDIAL DA RADIO. TRÁNSITO Á VIDA ADULTA.
Celebramos o Día Mundial da Radio o 13 de Febreiro. Alumnado de Tránsito á Vida Adulta, grupo C, quixo resaltar a importancia deste medio de comunicación para fomentar a inclusión, pluralismo e diversidade. 


6.- DÍA DA PAZ 
Celebramos o día da paz o venres 29 de xaneiro de 2021. As circunstancias que estamos a vivir non nos impiden que celebremos este día con precaución e seguridade nos grupos estables de convivencia. Gustaríanos festexar este día doutra maneira máis lúdica e conxuntamente todo o centro pero non perdemos a esperanza de que moi pronto así o faremos. Este é o resultado final dun podcast que fixemos todo o centro. 


7.- DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. 
As mestras de Tránsito á Vida Adulta, grupo Sur fixo unha enquisa aos seus alumnos para saber qué cousas lle gustan DA NOSA BIBLIO.