Benvidos a un novo curso!!!
Benvidos a todas e todos, comezamos o curso 2026/2027.
Polo momento a nosa biblioteca está en construcción😉, ata a semana do 24 de outubro estaremos traballando nela para continuar cun montón de novas actividades.
Benvidos a un novo curso!!!
Benvidos a todas e todos, comezamos o curso 2026/2027.
Polo momento a nosa biblioteca está en construcción😉, ata a semana do 24 de outubro estaremos traballando nela para continuar cun montón de novas actividades.
Teatro no CEE Saladino Cortizo
Un curso máis os compañeiros e as compañeiras de Tránsito á Vida Adulta coa colaboración de dous alumnos de PFFPB representaron no Autitorio Municipal do Concello de Vigo unha obra de teatro.
Esta obra estivo baseada no conto "Os medos do Capitán Cagainas".
Felicitar aos nosos actores, narradores e as mestras que prepararon con tanto agarimo esta obra.
Estamos moi orgullosos do voso traballo e esforzo!!!!
Na semana do libro do 20 ao 24 de abril, realizamos un BOOKFACE. O alumnado acudiu a biblioteca a elexir un libro. Fixéronse unha foto coa cámara instantánea integrando o libro na foto. Posteriormente colocaron a foto na corcheira da entrada da Biblioteca. O resultado foi....
VISITA DE EVA CASAIS
Este curso para a formación do alumnado, dende Biblioteca Creativa, contamos coa visita de Eva Casais.
Ensinounos en que se inspiran os artistas para despois facer os murais.
Rediseñamos a nosa mascota Saladina. Tamén Eva Casais debuxounos unha nova Saladina na porta da nosa biblioteca.
VISITA DE FRAN ALONSO
Hoxe na bibliteca do CEE Saladino Cortizo contamos coa visita de Fran Alonso, director da Editorial Xerais, escritor e xornalista. O alumnado de FP e EBO disfrutou da poesía como crítica a publicidade, protagonista do libro "Véndoche un poema". Ademais, o alumnado realizou unha entrevista a Fran na Radio Tartaruga, a radio do noso centro.