venres, 8 de xullo de 2022

CONCURSO DE VERÁN

 Vos animamos a que participedes. Tódolos participantes serán obsequiados cun agasallo. Bases do concurso explicados a continuaciòn. 



RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

 

 Aquí vos deixamos unhas recomendacións para o verán e que tamén compartimos na Revista Tartaruga do cole. O equipo de biblio vos desexa bo verán. Animos a familias e alumnado a participar no concurso de verán. Ata setembro!



RADIO TARTARUGA. IV CONCURSO DE PODCAST DA XUNTA DE GALICIA. NORABOA RAPACES E RAPAZAS!

 O alumnado de TRÁNSITO Á VIDA ADULTA SUR foi premiado co podcast que presentou ao IV Concurso de Podcast-Radio na Biblio da Xunta de Galicia. ´´Domadora de Serpes´´ é un recitado dun poema de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A música e sons de ambiente o gravaron os alumnos/as na aula de música co profe Alejandro Lorenzo. NORABOA RAPACES!

 






O outro podcast presentado ao concurso foi o do outro grupo de TRÁNSITO Á VIDA ADULTA, o grupo NORTE. Fixeron un podcast moi exquisito no que os comunicadores tamén compartiron protagonismo cos rapaces e rapazas. O xurado seguro que o tivo moi difícil por que este podcast sobre Florencio Delgado tamén era digno gañador. 

Noraboa á etapa de Tránsito á Vida Adulta polo seu compromiso coa Biblioteca Escolar e pola busca de novas experiencias para o alumnado!








RADIO TARTARUGA. PODCAST ESPECIAIS GRAVADOS DURANTE O CURSO 2021/2022

 1.- PODCAST POLA PAZ 

Gravamos un podcast conxunto. Neste podcast están representadas tódalas etapas educativas do centro: Primaria, Secundaria, Tránsito á Vida Adulta e Programas Formativos de Formación Profesional Básica. Ademáis participaron alumnos/as con voz ou sen ela, empregando comunicadores como Grid3. No podcast os alumnos e mestres preguntanse qué pode aportar cada un deles para que haxa paz ó  arredor. Grazas as profes por axudar ao alumnado a participar. Durante o desenrolo do programa escoitanse cancións pola paz escollidas polo alumnado das distintas etapas. Esperamos que vos guste tanto como a nós!


2- PODCAST SOBRE A GUERRA. ALUMNADO DE PFB DE LAVANDEIRÍA, CARPINTERÍA E PERRUQUERÍA COA PROFE DE BÁSICAS ANA CORTEGOSO. 

Podcast especial pola Paz e rechazo á guerra que non vos podedes perder!



3- XOGOS FLORAIS: RECITADO DUN POEMA DE SILVIA ARAGUNDE POR ALUMNADO DE SECUNDARIA. 
O poema ´´ Os paxaros que anidan todos os anos no limoeiro na casa de Cambados´´ é unha oda á natureza, a vida que pasa, a eses paxaros que nos visitan en primavera...este poema é delicado e moi agarimoso. Moitas grazas a Silvia Aragunde (nai dun alumno do centro) por participar no certame literario XXI Xogos Florais co gallo das Letras Galegas. Ao alumnado de Secundaria gustoulle tanto a poesía que decidiron facer unha homenaxe a Silvia e ao seu poema recitando o poema e gravando un podcast.

4- ´´MUIÑEIRA DAS ÁRBORES´´. 
Grazas ao mestre de música Alejandro Lorenzo por recompilar estrofas de coplas tradicionais galegas sobre as árbores e compoñer esta peza tan bonita para amenizar o día da celebración dos maios. Acompañamento vocal pola mestra de AL M. Fragueiro. Estamos namorados desta canción e gustounos camiñar por eses longos corredores do noso cole escoitando a canción porque nas aulas os alumnos/as estaban disfrutando dela. 

RADIO TARTARUGA. CURSO 2021/2022. PODCAST GRAVADOS NO OBRADOIRO PONTE NAS ONDAS!

 OBRADOIRO DE RADIO CON PONTE NAS ONDAS!

Un ano máis confiamos o obradoiro de Radio a Ponte nas Ondas! Xerardo e Damián volveron demostrar que son unhas grandes persoas ademáis de grandes profesionais. Este ano tódalas etapas educativas participaron no obradoiro. Os grupos prepararon os seus guións previamente cos seus titores/as ou mestras de audición e linguaxe. Como novidade con respecto ao curso pasado cada grupo seleccionou a música que quería que sonara no seu programa e moitos deles remataron con sesión karaoke aproveitando que o proxecto deste ano foi a música. 

PRESENTACIÓN DO OBRADOIRO DE RADIO A CARGO DO ALUMNADO DE PRIMARIA. 

Foron os primeiros en participar gravando a presentación da xornada. 

PROGRAMA DE RADIO DE SECUNDARIA. 
O alumnado de Secundaria realizou un programa de Radio que podería estar en calqueira emisora que se precie. Fixeron un podcast estruturado en varias seccións: fútbol, cine e literatura, destacando o recitado dun poema. 

PROGRAMA DE RADIO DE TRÁNSITO Á VIDA ADULTA GRUPO NORTE.
O alumando de Tránsito á Vida Adulta-Norte fixo un programa musical onde se preguntaban qué canción lles gusta máis. 


PROGRAMA DE RADIO DE TRÁNSITO Á VIDA ADULTA. GRUPO SUR. 
Os alumnos/s do grupo Sur de Tránsito á Vida Adulta falaron dos aniversarios, das vacacións e do que máis lles gusta. A destacar o Rap que se marcou o alumno André, todo un profesional!


PROGRAMA DE RADIO DE PREFPB. 
O locutor radiofónico Fawaz entrevistou aos seus compañeiros/as preguntándolles qué canción lles gustaba e logrou que cada un deles cantara un anaco da canción. Por algo estes rapaces forman parte do Coro das Emocións. Felicidades ao mestre de música Alejandro Lorenzo por conseguir que venzan á timidez e deixen voar a súa creatividade cantando!


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE LAVANDEIRÍA E COCIÑA
O alumnado de Lavandeiría e Cociña falaron das cousas que fan no seu ciclo, do concurso de café que participaron e lle fixeron unha entrevista a un alumno que ía a facer as prácticas. 


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE REPROGRAFÍA. 
O alumnado de Reprografía falaron das cousas que fan no seu taller e lembraron a entrevista que lle fixeron ao alcalde de Vigo Abel Caballero. 


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE PERRUQUERÍA. 
O alumnado de Perruquería falaron das moitas cousas que fixeron no seu taller ao longo do curso, da visita dunha antiga alumna do profe Luis e do que máis lle gustou do curso que xa remata. 


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE CARPINTERÍA.
O alumnado de Carpintería relatan as innumerables tarefas que fan no seu taller para facer mobles tan bonitos que logo colocan en moitas aulas e zonas do cole, e como non, na nosa biblioteca. Terminan o programa contando unha anécdota acerca dun crebanoces...pero, non vamos a desvelar nada máis, xa que é mellor que o escoitedes!


PROGRAMA DE RADIO DE FPB DE XARDINERÍA
Esta vez o alumnado de Xardinería falaron de todas as cousas que fan para manter o cole así de bonito, con esas flores e decoración que tanto gusta a todo o mundo. Tamén falaron da FP dual e da excursión de fin de curso. 

E como os nervios do directo moitas vecen nos traicionan fixemos unha montaxe posterior engadindo dúas aportacións de alumnos que no primeiro momento non se veron con ánimo de falar diante dun micro. Pero pouco a pouco irémolo conseguindo. Noraboa rapaces e rapazas!

domingo, 3 de xullo de 2022

PRIMARIA COÑECE AS TARTARUGAS, A MASCOTA DA BIBLIO E DO COLE.

 Para despedir o curso a coidadora e membro da comisión de biblioteca Julia Bouza trouxo ao cole as súas tartarugas para que o alumnado de Primaria poidera coñecer. Xa sabemos que a tartaruga Saladina é a nosa mascota, asi que lle agradecemos moito a Julia por traer as súas tartarugas. Foi unha experiencia moi grata.