Amosando publicacións coa etiqueta coronavirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta coronavirus. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2020

LIBRO VIRTUAL: ´´EU FICO NA CASA´´

Presentamos moi ilusionados o resultado final do libro: ´´Eu fico na casa´´. Libro onde sodes vós os protagonistas, alumnos/as e familias. O equipo de biblioteca quere darvos as grazas polas vosas aportacións para o libro e tamén felicitarvos polo voso traballo, esforzo e colaboración. Fixestes un bo traballo nun momento moi complicado xa que as circunstancias non foron as mellores e estamos moi orgullosos de todos vós. Desexamos veros pronto!

domingo, 17 de maio de 2020

MES DA CULTURA GALEGA

Neste ano escolar 2019-2020, e por motivo da pandemia do Covid-19, non podemos estar de forma presencial no colexio, pero seguimos traballando a distancia, e como no, festexando todos aqueles días sinalados no calendario.

Neste mes de maio imos celebrar a “cultura galega”. O equipo de dinamización lingüística xunto coa colaboración do equipo de actividades extraescolares e o equipo da biblioteca deseñaron estas actividades que vos amosamos a continuación. Animamos ás familias a que participen. 






venres, 10 de abril de 2020

FAME DE PALABRAS

Seguindo coa celebración do Mes do Libro na nosa biblioteca, o persoal do Centro participa na proposta de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia seleccionando palabras xunto ás portadas dos libros ás que pertencen. Está sendo unha actividade moi especial nestes días. Escollemos un libro que é significativo para nós e unha palabra representativa do que estamos a pasar estes días. 

Nós tamén temos Fame de Palabras. 

Acabamos de subir as primeiras fotos para que vos animedes!






  
 


martes, 31 de marzo de 2020

SELECCIÓN DE MATERIAL SOBRE O CORONAVIRUS

Dende o equipo de biblioteca queremos compartir coas familias distintos materiais explicativos sobre o coronavirus. 
Sabemos o difícil que debe ser para moito do noso alumnado permanecer nas casas estes días. Para que poidan entender a situación fixemos unha selección de materiais útiles que lles poden axudar a comprender o que está pasando e por qué cómpre estar na casa. Para o alumnado TEA e para aqueles sen lectura amósase dúas historias sociais con pictogramas da páxina web de Arasaac. Para o alumnado que ten lectura engadimos dous contos con información sobre o coronavirus. 
Tamén adxuntamos unhas pautas e orientacións da psicóloga e educadora social Elena San Martín Suárez para sobrelevar este longo período na casa. 
Tedes o material seleccionado no menú da dereita. 
Un cordial saúdo. Moito ánimo a tódalas familias! Xuntos o conseguiremos!!!