mércores, 18 de novembro de 2026

PROXECTO ADORNOS DE DE NADAL CON IMPRESORA 3D

O 14 de novembro foi o acendido de luces de Nadal de Vigo. E nós xa estamos preparando cousiñas para esa data. Estamos imprimindo adornos para a vosa árbore de Nadal coa impresora 3D. É un proceso longo porque cada impresión de 9 adornos leva 5 horas. 

1º Deseñamos a imaxe con intelixencia artificial.

2º Pasamos a imaxe en png a stl

3º Cargamos a imaxe no programa de impresión e escalamos 9 unidades na placa de impresión.

4º Gardamos a imaxe escalada en stl nun pen-drive.

5º Metemos o pen-drive na impresora 3D.

6º Esperamos 5 horas a que se impriman as 9 unidades.

7º Voltamos a imprimir outras 9 cada día durante 13 días laborales ata ter as 110 que necesitamos para cada alumno e alumna, polo que en tres semanas teremos todas as unidades necesarias.

O bo faise esperar!

 

   

            

Actividade organizada pola Coordinación de Biblioteca Creativa do CEE Saladino Cortizo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario