Amosando publicacións coa etiqueta dia das bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia das bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de outubro de 2025

Cartilla actividades

Cartilla actividades 

Unha das propostas presentadas durante as actividades realizadas para a conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares foi unha cartilla na que se estructuran algunhas das actividades que iremos realizando ao longo do curso. Iremos colocando selos nela conforme os diferentes grupos vaian realizando as actividades.


           

        

                                                                                                        


luns, 20 de outubro de 2025

Arrincamos!

Novo curso, novas propostas

 Comezamos coas actividades dentro da nosa biblio.

 Levamos dende o mes de setembro organizando este espazo e programando as actividades que realizaremos ao longo deste curso 2025-2026.

Como saberedes esta semana, concretamente o venres 24, conmemórase o Día das Bibliotecas Escolares. Para ista comemoración preparamos varias actividades que están vinculadas entre si.

Unha delas
comezou o luns da semana pasada coa proposta para o noso alumnado de escribir palabras nun folio cun rotulador fluorescente. Estas palabras foron colocadas nun recuncho do noso centro.

Estas palabras cobrarán sentido.

Deixámosvos unha pista!





martes, 29 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas Escolares

 Día das Bibliotecas Escolares

O pasado xoves 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares.

 A actividade central neste día consistiu na realización por parte da Mestra Sandra dun Kamishibai

O Kamishibai é un tipo de "teatro de papel" de orixe xaponés. Sandra fixo varios pases para os diferentes

 grupos do centro. A maiores propuxemos unha actividade: a realización por parte dos diferentes grupos da

 súa propia historia para o Kamishibai. 

Iremos descubrindo estas obras ao longo dos próximos meses!






                                                                                                                                                                                                              

venres, 27 de marzo de 2020

DIA MUNDIAL DO TEATRO

Dende o confinamento das nosas casas queremos homenaxear hoxe, día mundial do Teatro ao grupo de teatro do noso cole que leva moitos cursos facéndonos sorrir, desfrutar e soñar, e agardamos que pronto pase este pequeno ´´paréntese´´ nas nosas vidas e voltar a desfrutar das súas actuacións. 

Para iso queremos compartir unha adaptación do conto ´´ Unha eiruga moi larpeira´´ que fixo o grupo para o noso Centro para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.

Pedimos disculpas da calidade da gravación pero a obra representouse en luz negra. 

PARABÉNS ACTORES E ACTRICES!!