martes, 16 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

💜8 DE MARZO💜

     O pasado día 8 de marzo conmemoramos o día internacional da muller. 

Dende o equipo da biblioteca propuxemos traballar partindo do recollido nestes dous libriños:


Todos estes traballos fóronse expoñendo nos corredores do colexio, en murais nos que se debuxaron e se pintaron os rostros destas mulleres, acompañándoos dunha breve biografía.


Tamén se fixeron preciosos relatos falando das mulleres que forman parte da nosa vida: as nosas nais, avoas, mestras...

Partindo de todo o feito organizamos no salón de actos  un programa de radio.


Se o queredes escoitar podédelo facer clicando máis arriba a esquerda en Radio Tartaruga.

Así mesmo, e grazas a Faro da Escola, recibimos a visita de Paula Rivas, neurocientífica e divulgadora científica que nos veu a falar da súa obra:



Grazas Paula! Grazas rapazas e rapaces polo voso traballo!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario