Conmemoración Día da Non Violencia e da Paz
Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Non Violencia e da Paz cun acto no que se amosou todo o traballo realizado durante as últimas semanas. Este traballo xirou entorno ao libro Imagine, de Jonh Lenon.
Para o acto de hoxe traducimos e adaptamos o texto da famosa canción dos Beatles ao galego, repartindo as estrofas entre os diferentes grupos do cole. Unha vez repartidos cada grupo realizou representacións do que evocaban mediante o debuxo e para recitalas no día de hoxe. O mestre de música preparou unha canción a partires deste texto que se interpretou para todo o alumnado do centro, realizamos unha gravación na radio, que podedes escoitar clicando aquí:
https://www.ivoox.com/paz-audios-mp3_rf_139040141_1.html
e o alumnado de PFFPB leu un manifesto explicando o significado do libro.
Tamén decoramos con pombas para imaxinar un mundo mellor unha árbore feita polas compañeiras e compañeiros de Xardinería.
Ningún comentario:
Publicar un comentario