mércores, 7 de febreiro de 2024
Día da Paz
O pasado día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz.
Os preparativos para esta
conmemoración comezaron durante a semana anterior, na que reflexionamos sobre o
que é a paz para cada un de nós e que palabra ou palabras a representa. Así, as
alumnas e alumnos, acudiron a biblioteca cargados de palabras que debían plasmar
nunha pomba: escribíndoas, colocando pictogramas, pegando algún símbolo
representativo... tamén a debían decorar e por último dar unha capa de pintura
fluorescente.
Estas pombiñas cargadas de fermosas palabras voarían a través dos tres corredores que forman o noso colexio para chegar ata tres preciosos murais que cando apagábamos a luz se iluminaban.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario