domingo, 14 de xaneiro de 2024
Nadal e impresora 3D
A principios do mes de decembro comezamos cos preparativos para a decoración de
Nadal. Na nosa biblioteca contamos cunha impresora 3D, pois formamos parte do
programa Biblioteca creativa. Por isto e, tras unha formación nesta materia,
xurdiu a idea de que parte da decoración da árbore de Nadal se realizaría
utilizando este recurso. Coa axuda da mestra Miriam demos forma a esta
actividade, polo que fixemos estrelas, bólas, triángulos... co nome dos nosos
alumnos e alumnas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario