Como tódolos anos no noso colexio fixemos diversas actividades relacionadas co Samaín.
Este ano, ademáis das habituais, propuxemos aos alumnos e alumnas que, ademáis de escribir contos terroríficos🎃, foran eles mesmos os que no las contaran. Para isto durante a última semana de outubro e a primeira de novembro, coa axuda das súas mestras e mestres foron redactando,gravando, buscando imaxes... e creando diferentes contos.
Unha vez creados, xuntámonos todos na biblio e comezamos a contalos.
Con estes contos elaboraremos un libriño para poder lelos todos na nosa biblio.
👻👻👻👻👻👻👻👻👻👻👻👻👻👻
Moitas grazas rapazas e rapaces por participar!!
Se queredes escoitar estes contos, clicade arriba, a esquerda en Radio Tartaruga e seleccionade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario