martes, 10 de novembro de 2026

CREANDO UNHA PARTITURA EN SONOCORES PARA DAR UN CONCERTO DE TERROR (BIBLIOTECA CREATIVA)

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN CON MÚSICA DE TERROR.
O 29 de novembro de 2026 celebramos O Samaín. 
  1. Disfrazámonos de monstros. 
  2. Pasamos polo corredor de terror (Os máis temerosos tiveron unha actividade alternativa na Biblioteca do cole).
  3. Chegamos ao salón de actos onde había alumnos/as tocando música tenebrosa.
  4. Bailamos Bloody Mary de Lady Gaga, unha coreografía que traballamos na aula de de educación musical todo o alumnado de EBO, TVA e Multitalleres.
O alumnado de TVA A interpretou dúas pezas:
  • Tema principal da Tocata en re b menor de Juan Sebastián Bach.
  • Canción psicótica infantil en metalófonos acompañada de órgano de tubos.
As partituras musicais alternativas foron elaboradas con intelixencia artificial (En relación co tema anual de "Alfabetización informacional e mediática".








 

O ALUMNADO EMPREGA INTELIXENCIA ARTIFICIAL PARA CREAR O COMIC: O SECUESTRO DE INOCENCIA (BIBLIOTECA CREATIVA).

 O 28 de outubro de 2026, o profesorado do centro representou unha obra de teatro "O secuestro de Inocencia". Con el perseguimos concienciar ao alumnado do perigoso que pode ser chatear con descoñecidos en redes sociais. 

A partires do texto orixinal do coordinador de Biblioteca Creativa, o alumnado colaborou na creación dun cómic que resume os puntos máis importantes da Obra de teatro. O alumnado participou na utilización da Intelixencia artificial para crear o texto resume e as imaxes, e logo enmaquetouse en Canva. 
A versión dixital está dispoñible no seguinte enlace. 
 
O alumnado participou na impresión, plastificado e edición en papel do conto que poderás atopar na biblioteca. Esperamos que disfrutedes moito desta historia de terror.











PROXECTO FICHAS DE HISTORIA DA MÚSICA CON INTELIXENCIA ARTIFICIAL (BIBLIOTECA CREATIVA)

 Estamos facendo un percorrido pola historia da música facendo uso da Intelixencia Artificial.

No primeiro trimestre coñeceremos a:

  • Antonio Vivaldi o compositor do Concerto o Outono de "As Catro Estacións".
  • Juan Sebastián Bach o creador da Tocata e fuga en re b menor para órgano de tubos.
  • Wolfgang Amadeus Mozart que inventou 12 variacións da canción "Campaíñas do lugar" para piano.
  • Chaikovski que compuso música para un conto de Nadal: o Ballet O Quebranoces.

No segundo e terceiro trimestre continuaremos con Beethoven, Saint-Saëns, Igor Stravinki, Tanxugueiras e quen sabe...

Deixamos aquí as fichas do 1º trimestre.

Esperamos que aprendades moito!






DESEÑO DE MARCAPAXINAS CON FERRAMENTAS INFORMÁTICAS (BIBLIOTECA CREATIVA).

 Este curso, a Biblioteca Creativa versará sobre "Alfabetización informacional e mediática":

  • Deseñamos en Canva os marcapáxinas
  • Elaboramos os mesmos no obradoiro de papel
  • Os plastificamos en "Artes Gráficas". 

Esperamos que vos gusten.





VISITA: SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

O pasado xoves, 5 de novembro, tivemos a oportunidade de contar coa presencia no noso centro da deportista Susana Rodíguez Gacio! 

Dende a Biblioteca Escolar levamos a cabo un programa de radio en directo, as semanas previas estivemos preparando toda a entrevista e dinámicas que faríamos en directo.

A entrevista estivo dividida en bloques segundo a súa temática como: Susana al natural, onde coñecimos máis da asúa vida personal e cotiá. Susana imparable. onde fixemos un perecorrido pola súa traxectoria deportiva, e Susana, un exemplo para todos, onde falamos da diversidade, as necesidades educativas especiais, melloras e a sociedade.

Tamén elaboramos un xogo-dinámica A ruleta de Susana, onded a través de distintas imaxes aleatorias nos foi contando que momentos eran, e anécdotas ao respecto.

Unha visita moi especial que sin dúbida algunha deixou un poso moi importante en todos nós, alumnado e profesionais.

GRAZAS SUSANA, POLO TEU TEMPO, DEDICACIÓN E AS APREBDIZAXES QUE NOS DEIXACHES!













xoves, 29 de outubro de 2026

UN SAMAÍN DE CONTOS E HISTORIAS

Na nosa Biblioteca escolar xa è tempo de contos e historias terroríficas, de monstros, pantasmas e misterio... 👀 

¿Queres pasar un samaín de morte?...

Pois achégate a nosa biblioteca de centro e descúbrelo...







martes, 20 de outubro de 2026

Día das Bibliotecas Escolares


 Esta semana foi a apertura da nosa Biblioteca Escolar cara a este curso no que estamos.

Durante tres días, os colaboradores de apertura de biblioteca dos distintos ciclos, fixeron as exposicións presentando o seu funcionamiento, novos espazos creados, normas, así como o conto O ladrón de palabras feito a través de Radio na Biblio.

Aquí podedes ver algúns dos maravillosos momentos que disfrutamos!