domingo, 26 de outubro de 2025

Día das Bibliotecas Escolares

 Día das Bibliotecas Escolares

24 de outubro

Ao longo da semana pasada xa comezamos a conmemorar este día.

Para elo escribimos palabras.

Palabras que nos provocaban unha emoción, palabras que nos levan a algún lugar, palabras que forman parte do noso día a día...

Propuxemos esta activadade debido a que o lema facilitado dende Bibliotecas Escolares de Galicia foi:

"Contra a desinformación: Bibliotecas"

Enlazada con esta actividade atópase a actividade central que se desenvolveu na nosa biblioteca durante esta semana: un contacontos baseado no conto "La coleccionista de palabras". A través desta proposta puidemos reflexionar acerca da importancia da palabra, de atopar esa axeitada para cada momento.
A maiores disto entregamos unha carpeta por ciclo con varias propostas:
  • Deseñar un póster co lema citado con anterioride. O deseño será totalmente libre. A única condición é utilizar a plantilla proporcionada.
  • Traballaremos coa desinformación a través de varios textos adaptados a cada nivel.
Nesta carpeta tamén se atopa: Cartilla actividades para o presente curso e as Normas de uso da biblioteca.
Ahí vós deixamos algunhas imáxenes:













Ningún comentario:

Publicar un comentario