venres, 30 de abril de 2021
venres, 29 de xaneiro de 2021
PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ
Celebramos o día da paz este venres 29 de xaneiro de 2021. As circunstancias que estamos a vivir non nos impiden que celebremos este día con precaución e seguridade nos grupos estables de convivencia. Gustaríanos festexar este día doutra maneira máis lúdica e conxuntamente todo o centro pero non perdemos a esperanza de que moi pronto así o faremos.
Feliz día da Paz familias!!
xoves, 9 de xullo de 2020
RADIO TARTARUGA. RADIO NA BIBLIO
PROGRAMAS EMITIDOS NO CURSO 2019/2020
Como xa sabedes este curso o noso cole forma parte do proxecto Radio na Biblio. E a pesar da suspensión da actividade docente presencial emitimos os seguintes programas de Radio no noso canal RADIO TARTARUGA.
Intro para o canal de radio.
A mestra de música Sabela Fernández Fonseca e o mestre de apoio Gael Fernández Castro tiveron a amabilidade de compoñer e interpretar expresamente para a Radio Tartaruga a intro musical para ser a cabeceira dos nosos programas de radio.
1.- Día da Radio.
Aínda que non tiñamos terminada a instalación da nosa radio non quixemos esquecernos deste día para facer un programa inaugural da nosa radio na biblio. Para esta ocasión preguntámoslles aos nosos alumnos de TVA e PFPB unha pregunta moi sinxela: `` Qué é a radio para tí?´´.
2.- Mes da cultura galega.
Radio Tartaruga emite dende casa no confinamento. Celebramos no mes de maio o mes da cultura galega con palabras, refráns, poesías e cantigas.
Etiquetas:
dia mundial da radio,
Letras galegas,
Maio cultural,
os nosos traballos,
radio,
radio na biblio,
radio tartaruga,
yo me quedo en casa
venres, 26 de xuño de 2020
RESUMO DO CURSO 2019/2020
OS RECREOS NA BIBLIO: VIVEIRO DE CIDADANÍA
Estas son algunhas das actividades e xogos de mesa que os nosos alumnos compartiron durante o recreo. Preme na imaxe para ver o vídeo.
OUTRAS ACTIVIDADES NA BIBLIO. CURSO 2019/2020
Así celebramos o 25 de novembro o Día da Eliminación da Violencia contra a muller. Fixemos un photocall e escribimos mensaxes, frases e lemas que deixamos no cortizo da biblioteca xunto coa nosa mascota Saladina.
No Día da Paz tamén se celebra o Día da Ilustración. Aproveitamos a xornada de convivencia cos alumnos e alumnas do noso cole veciño, o CEIP Carballal para deixar voar a imaxinación e a creatividade. Baixo o lema ´´ Ilustrando a Paz´´ os alumnos e alumnas de ambos centros fixeron uns debuxos moi orixinais. Queredes velos? Amosamos o video a continuación.
Por último, queremos compartir unha actividade de animación á lectura que tivo moito éxito. A través da lectura do conto: ´´ Ñac, ñac, el monstruo comelibros´´ os alumnos e alumnas buscaron na biblioteca o monstruo que estaba escondido e meteron nun baúl aqueles contos e libros que lle gustan moito.
OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE A TRAVÉS DOS CONTOS
Presentamos un resumo do obradoiro de Estimulación da linguaxe a través dos contos levado na aula de Audición e Linguaxe con alumnado de primeiro ciclo.
Este obradoiro iniciouse hai uns cursos e o equipo de mestres e mestras do primeiro ciclo ven positivo darlle unha continuidade ao obradoiro para o vindeiro curso:
- A lectura compartida de contos é unha ferramenta de aprendizaxe de vocabulario e desenvolvemento da linguaxe.
- Os contos estimulan dunha forma lúdica o pensamento, a discriminación auditiva e os procesos básicos de aprendizaxe(atención, memoria, concentración, motivación e adecuación á tarefa)
- O noso alumnado disfruta do contacto cos distintos tipos de contos.
- A lectura de contos fomenta a imaxinación e a creatividade.
- O obradoiro de contos favorece as habilidades comunicacionais de escoita activa e aprender a esperar (quendas)
Estes foron os contos traballados neste curso:
Amosamos a continación un video-resumo con fotos das actividades levadas a cabo nos obradoiros:
xoves, 25 de xuño de 2020
NOVA SECCIÓN NO BLOG: PUBLICACIÓNS SOBRE A NOSA BIBLIOTECA.
Inauguramos unha sección fixa adicada a compartir os artigos, ponencias,... que se vaian publicando en prensa, internet, etc
No ano 2017 publicábase na revista Eduga un artigo elaborado pola da mestra de TVA, Yolanda Barbero. Baixo o título de ´´ Inclusión, a necesidade de romper barreiras nas bibliotecas escolares´´, Yolanda explica cómo é a nosa biblioteca e os recursos que dispoñemos. Yolanda coordinou a biblioteca durante varios cursos e grazas a ela a nosa biblioteca entrou no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Tedes a continuación o enlace ao artigo:
No ano 2018, Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia nos convidou a participar nas Xornadas de Bibliotecas Inclusivas en Santiago de Compostela. Ás xornadas asistiron centros educativos de toda Galicia e tivemos a oportunidade de amosar a nosa biblioteca. Compartimos o video da ponencia da mestra Iris Murciego.
Esta é unha homenaxe a tódolos mestres e mestras que ao longo destes anos comprometéronse adicando moitas horas para conseguir unha biblioteca inclusiva, accesible para tódolos alumnos e alumnas do noso Centro, dinamizando actividadades de animación á lectura e xestionando os recursos existentes. Moitísimas grazas compañeiros e compañeiras!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)