venres, 10 de xuño de 2022

PDI A MÚSICA

 EN PROCESO DE ACTUALIZACIÓN

TOBII

SISTEMAS DE ACCESO Á INFORMACIÓN: DISPOSITIVO: TOBII

Tobii é un dispositivo que detecta o movemento das pupilas. Desta maneira as persoas con dificultade motriz poden manexar un ordenador, tableta ou comunicador cos ollos. É dicir, o´´click´´ que farías empregando un ratòn ou tocando co dedo unha tableta  se sustitúe empregando soamente os ollos. 
Para entender mellor este dispositivo tiñamos que probalo. As compañeiras de Tránsito á Vida Norte deixaronnos probar un. E aquí tedes as fotos. Fixemos probas lendo un conto dixital.Comentar que á maioría dos mestres/as que o probamos resultounos moi canso estar moito tempo empregando os ollos para seleccionar na pantalla as cousas que queríamos.  Manter a mirada permanentemete é unha tarefa que cansa moito á vista. 


Na foto vemos á mestra Carmen Toro lendo un conto dixital e pasando as páxinas sen tocar a tableta, soamente a través da mirada. 

CANVA

 FORMACIÓN DE USUARIOS: APRENDENDO CANVA

Inmersos no deseño do noso Plan Dixital decidimos realizar esta xornada formativa ´´entre nós´´. A coordinadora TICS púxose mans á obra para coordinar esta sesión. A mestra e membro do equipo de biblioteca, Rebeca Medina Sola impartiu unha sesión de usos didácticos de CANVA para todos o mestres/as e profesores/as do centro. Foi unha experiencia moi enriquecedora e quedamos con ganas de organizar máis sesións formativas para o vindeiro curso. 




A NOSA BIBLIOTECA

EN PROCESO DE ACTUALIZACIÓN

martes, 7 de xuño de 2022

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Recollimos na Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas unhas sementes para festexar o Día Mundial do Medio Ambiente. Plantaremos estas semillas á volta das vacacións xa que agora non nos da tempo a ver o proceso de xerminación e cremento.  

Estamos encantados de retomar actividades coa nosa ben querida Biblioteca Neira Vilas. Moitas grazas por doar as sementes que cuidaremos con moito cariño. 


venres, 3 de xuño de 2022

INICIÁMONOS NA BIBLIOTECA CREATIVA!

 Para ensinarlles a empregar os escornabots aos nosos alumnos/as primeiro temos que saber manexalo os mestres e mestras, así que puxémonos mans á obra. 

Contactamos con Almudena Alonso (www.competenciadixital.org) e Miguel Gesteiro (www.roboteach.es) para facer unha xornada de formación e que nos explicaran os múltiples usos didácticos dos escornabots. 

 



Queredes ver como poden bailar coreografías os escornabots? Almu e Miguel programaron os escornabots para que bailaran un baile. 


Por último comentar que outra das actividades coas que iniciamos as nosas andanzas na biblioteca creativa foi a través do deseño e creación de diversas esculturas con bloques de construcción xigantes de cartón. 




martes, 24 de maio de 2022

APORTACIÓNS DAS FAMILIAS!

 Queremos agradecer á familia de Ruí pola doazón á nosa biblioteca da colección de María Fumaça. Ruí entregou os exemplares asinados co seu selo persoal. Gústannos a implicación das familias na vida da nosa biblioteca e desexamos retomar as actividades coas familias que sempre tanto aportaron e desfrutar cos nosos alumnos/as de innumerables experiencias.

                                  MOITAS GRAZAS, familia de Ruí!!