xoves, 18 de decembro de 2025

25-N

25-N

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Este curso comezamos cunha actividade que falaba da importancia da palabra.

Que importantes son? Non creedes?

Neste día partimos do álbum ilustrado As mulleres que cultivaban néboas para facer varias actividades. Un contacontos como actividade central, da man da nosa mestra Sandra, unha actidades que xira entorno as palabras frecha e palabras luz e unha pequena reflexión grupal sobre todo isto reflectida nun manifesto.


    

A continuación reproducimos unha parte do manifesto:

" O 25 de novembro conmemoramos o Día Internaciónl para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Esta data foi declarada oficialmente pola ONU no ano 1999 e ten como finalidade denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar medidas en tódolos países contra a súa erradicación.

Esas palabra frecha son as que nos atravesan e que non debemos permitir e que ente elas debemos comprender que esa persoa non merece estar preto nosa.

Búscade persoas que vos enchan de palabras fermosas: palabras luz."

Ningún comentario:

Publicar un comentario