martes, 16 de maio de 2023

GAÑAMOS O CONCURSO DE PODCAST DE RADIO NA BIBLIO POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO!

 Baixo o título ´´Carta a un amigo´´ o alumnado de Tránsito á Vida Adulta grabou un podcast para participar no V CONCURSO DE PODCAST RADIO NA BIBLIO EN COLABORACIÓN COA CRTVG (Radio Galega).

Este podcast homenaxea a labor epistolar de Francisco Fernández del Riego, autor ao cal se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Un podcast en formato carta a Francisco Fernández del Riego para agradecer toda a súa labor, para contar cousas do día a día do noso cole e para reivindicar que tanto a Editorial Galaxia coma o resto de editoriais que hai no mercado teñan en conta os nosos alumnos e alumnas publicando máis libros con pictogramas, en lingua de signos, con letras maiúsculas, audiolibros,...Por último,destacar o emprego dos comunicadores dinámicos que son a voz de moitos dos nosos alumn@ e que tamén participaron neste podcast. 

Noraboa rapaces e rapazas!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario