mércores, 21 de maio de 2014

NOVIDADES MAIO



Neste mes a sección de novidades dedicouse a lingua galega e mirade cantos libros tivemos para ler!!!!
entre eles houbo un moi especial “Viaxando no tempo” feito polo alumnado de 2º ciclo sobre o tema do cole deste curso "a prehistoria".



LETRAS GALEGAS 2014 NA BIBLIOTECA!!!!



A pasada semana celebrouse  o día das letras galegas e na biblioteca homenaxeamos a Xosé María Díaz Castro e o noso idioma con este mural no que todo o alumnado do cole puxo a súa palabra (pictograma/debuxo)  preferida do galego.
Mirade que chulo quedou!!! 



O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN NO CAFÉ NOVIDADES

Xa temos cambios na sección do departamento de orientación no café, libros e películas novas!!!!!!,
 grazas pola boa acollida que tivo a iniciativa.
Dèixovos unha foto para que lle botedes unha ollada

domingo, 11 de maio de 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Tamén realizamos esta actividade durante a semana do libro, a cal, tivo moitísimo éxito e xa estamos deseando repetila!!!
aquí vos deixo algunha fotos desta actividade


SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOTECA

Como ven sabedes o día 23 de abril celebrouse o día do libro e dende a biblioteca leváronse a cabo diferentes actividades para conmemoralo, aquí vos deixamos algunhas fotos, esperamos que vos gusten!!!


obra de teatro "o can e o gato" con luz negra representada por alumn@s de 2º ciclo C e 1º ciclo F


conta contos "a casa da mosca chosca" narrado pola profe Raquel de TVA en colaboración co alumnado de esa etapa

xoves, 1 de maio de 2014

Hoxe achegamos ao noso blogue
 o enlace do vídeoclip: "VEN, ACÉRCATE"
 do grupo "EL BESO DE KLIMT" 
en colaboración coa asociación ULERTUZ de BIZKAIA.
 ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!! 



domingo, 27 de abril de 2014


PROXIMAMENTE NA BIBLIOTECA DO SALADINO, TEREMOS A COLECCIÓN DE CONTOS DE "APRENDICES VISUALES". UN PROXECTO SEN ÁNIMO DE LUCRO QUE CONSISTE NA CREACIÓN, PRODUCIÓN E DIFUSIÓN DE CONTOS INFANTÍS ADAPTADOS A PICTOGRAMAS PARA NEN@S CON AUTISMO E OUTRAS NECESIDADES ESPECIAIS DE APRENDIZAXE, ASÍ COMA PRE-LECTORES.
ALGÚNS DOS CONTOS QUE PODEDES ENCONTRAR SON:
  • "LA BAÑERA DE JOSÉ"
  •  "LA COMIDA DE JOSÉ"
  • "LA ROPA DE JOSÉ".
  •  "LOS DIENTES DE JOSÉ"
  • "LAS MANOS DE JOSÉ"
  • "EL OLEDOR EXPLORADOR"
  • "LAS PELUSAS SE MUDAN DE CASA"...
 SE QUEREDES IR DESCUBRINDO ESTES MARABILLOSOS CONTOS PODEDES BOTAR UNHA OLLADA NAS SECCIÓNS DO BLOGUE RECURSOS MESTRES E RECURSOS FAMILIA : "APRENDICES VISUALES"

QUEREDES?????

ATA PRONTO!!!!