martes, 25 de xuño de 2024

ACTIVIDADES PROGRAMAS BIBLIO

 Actividades Programas Biblio

Como en anos anteriores, ademais de formar parte do PLAMBE, participamos en tres programas: Radio na Biblio, Biblioteca Creativa e Lectura e Familias.

A continuación resumimos brevemente algunhas das  actividades realizadas.

Comezando por Radio na Biblio, sinalar que realizamos varias actividades con Ponte... nas Ondas! que se desenvolveron en varias sesións e nas que foi participando todo o alumnado do centro. 

 









   Continuando con Biblioteca Creativa realizamos un Obradoiro sobre a maxia da ciencia das mans de Arenaria.

E finalizando con Lectura e Familias, argallamos dous obradoiros: cartas por correo, impartido por Sonia Hermida e outro sobre a importancia de comprender a información que recibimos dende diferentes medios dixitais, impartido por Marta González.



Moitas grazas a todas e todos por facernos pasar tan bos momentos!