luns, 9 de decembro de 2024

Continuamos cos Kamishibais


   

Kamishibai 

Como xa sabedes o Día das Bibliotecas Escolares na nosa biblioteca fixéronse dúas representación de Kamishibais e propuxemos aos nosos alumnos e alumnas que crearan as súas propias representacións.

              https://saladinodinamiza.blogspot.com/2024/10/dia-das-bibliotecas-escolares.html

Propuxemos esta actividade porque é moi enriquecedora permítenos traballar e fomentar: a creatividade, a expresión oral e escrita, o aumento de vocabulario, o traballo en equipo e interciclos...

Esta proposta comeza a dar os seus froitos e as creación das nosas alumnas e alumnos están comezando a chegar a nosa biblioteca, de modo que durante este mes e os próximos realizaremos as representacións.

 Ahí vos deixamos unha pequena mostra:


   Os días 3 e 4 deste mes comezaron os compañeiros e compañeiras de FPPFP. Presentaron tres fermosas adaptacións de tres fábulas:
O alumnado de Peiteado representou "O Pastor Mentiroso".
O alumnado de Lavandería representou "A hormiga e a cigarrra".
O alumnado de Xardinería II "A lebre e a tartaruga".


O día 16 de decembro o alumnado de TVA elaborou un navideño Kamishibai partindo da información recollida no libro "La Navidad desconocida".

Ningún comentario:

Publicar un comentario