sábado, 24 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

  O día 23 de febreiro conmemórase o día do nacemento de Rosalía de Castro🌹. 

  Por este motivo dedicamos esta semana a realizar actividades relacionadas coa obra desta importante escritora e representante da nosa cultura. 

 Deste modo repasamos a súa obra, indagamos sobre a súa vida, recitamos os seus poemas, fixemos algunhas gravacións na radio e decoramos, entre o alumnado dos diferentes ciclos do cole, a biblioteca cun fermoso mural. 


 

                                                                   🌹Este é o resultado:

    
 
                                                                   





mércores, 7 de febreiro de 2024

Día da Paz

O pasado día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz. Os preparativos para esta conmemoración comezaron durante a semana anterior, na que reflexionamos sobre o que é a paz para cada un de nós e que palabra ou palabras a representa. Así, as alumnas e alumnos, acudiron a biblioteca cargados de palabras que debían plasmar nunha pomba: escribíndoas, colocando pictogramas, pegando algún símbolo representativo... tamén a debían decorar e por último dar unha capa de pintura fluorescente.
Estas pombiñas cargadas de fermosas palabras voarían a través dos tres corredores que forman o noso colexio para chegar ata tres preciosos murais que cando apagábamos a luz se iluminaban.