mércores, 20 de decembro de 2017

RECOMENDACIÓNS PARA ESTAS FESTAS





XA CHEGOU O NADAL Á NOSA BIBLIOTECA!

A disposición de todo o alumnado do centro os fondos da biblioteca vencellados co Nadal. 









CARTAS AOS REIS MAGOS

O alumnado de FPB de Reprografía, que este ano renova o seu compromiso coa biblioteca ofrecéndose novamente voluntarios da biblioteca escolar do noso centro deseñou estas cartas dos Reis Magos para todo o alumnado do centro ante a inminente chegada do Paxe Real. 



martes, 28 de novembro de 2017

CONTOS NO PARQUE DE BOLAS ´´LA JUNGLA´´

O vindeiro 22 de novembro os máis peques do cole foron de excursión ao parque de bolas ´´La Jungla´´ en Mos, que abriu as súas portas hai pouco tempo.  

Cal foi a nosa sorpresa cando atopamos no recinto un recuncho de contos. Agradecemos ao persoal da empresa que tivera esta iniciativa de crear un espazo de lectura nun recinto lúdico. 

Parabéns!




venres, 17 de novembro de 2017

SAMAÍN

Na semana do 23 ao 27 de outubro celebrámo-lo Samaín cunha semana moi intensa chea de actividades terroríficas. Amosamos as vencelladas á nosa biblioteca: 

O RECUNCHO DO SAMAÍN

O equipo de biblioteca fixo unha selección de libros, contos, cómics e videos coa temática do Samaín estando á disposición de todo o persoal do centro. 


CONTACONTOS DE TERROR NO RECREO

Proxectamos curtos de terror, contacontos e contos musicais de medo no recreo durante esa semana. 



OBRA DE TEATRO


O equipo de mestres de dinamización da lingua atreveuse a realizar unha representación teatral adaptando contos de medo baixo o título ´´ O cocón debaixo do colchón´´... o alumnado pasou un momento agradable comprobando as dotes teatrais dalgúns mestres do Saladino. 







xoves, 16 de novembro de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O PASADO 24 DE OUTUBRO CELEBRÁMO-LO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. 
O ALUMNADO DE TRÁNSITO Á VIDA ADULTA QUE FORMA PARTE DO GRUPO DE TEATRO DO CENTRO PREPAROU UNHA REPRESENTACIÓN DOS CONTOS: ´´A QUÉ SABE A LÚA´´ E ´´ TE QUIERO UN MONTÓN´´. 
FOI UNHA XORNADA LÚDICA E MOTIVADORA NA QUE TODO O ALUMNADO DISFRUTOU DO GRUPO DE TEATRO E DA SÚA POSTA EN ESCENA QUE SEMPRE É SORPRENDENTE E EXQUISITA. 

mércores, 15 de novembro de 2017

NOVIDADES

Comezamos o curso incorporando novos membros ao equipo de biblioteca do noso centro. Un equipo que amosa ilusión e ganas de facer da biblioteca un espazo creativo de aprendizaxes. 

Poñemos en funcionamento novamente este Blog incorporando fondos novos á sección de novidades. 

Esperamos que vos gusten! 




venres, 30 de xuño de 2017

FELIZ VERÁN

O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESEXA QUE PASEDES UN BO VERÁN. O PRÓXIMO CURSO CONTINUAREMOS CON MOITAS ACTIVIDADES E MOMENTOS DE DIVERSIÓN.
ATA PRONTO!!

xoves, 8 de xuño de 2017

VOLUNTARIOS DE BIBLIOTECA DESTE CURSO

DESPEDIMOS AOS VOLUNTARIOS DE BIBLIOTECA DESTE CURSO. MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA!!!


ESPERAMOS CONTAR CON VÓS NO PRÓXIMO CURSO.

EL ÁLBUM DE ADELA

A COMPAÑEIRA DE FPB E VOLUNTARIA DE BIBLIOTECA, CLARA, CONTOUNOS A LETRA QUE ESCRIBIU PARA O CONTO  SEN LETRA "EL ÁLBUM DE ADELA". CONTOU COA COLABORACIÓN DOS SEUS COMPAÑEIROS DE AULA. CLARA DEIXOU UNHA COPIA DO CONTO COA SÚA HISTORIA NA BIBLIOTECA!!!
BO TRABALLO!!




mércores, 7 de xuño de 2017

ÚLTIMO TRABALLO SOBRE ARTE

A PARTIR DO LIBRO "QUEBRACABEZAS" PROPUXEMOS AOS CICLOS QUE PINTARAN UNS LENZOS AO SEU GUSTO. DESPOIS AO XUNTALAS FORMARÍAN UNHA OBRA COMÚN QUE XA DESCUBRIRÍAN.
O RESULTADO FOI FANTÁSTICO. CADA OBRA É BONITA POR SE MESMA E AO XUNTALAS FORMAN ESTE LIBRO QUE REPRESENTA AO COLEXIO E EN ESPECIAL A NOSA BIBLIOTECA.


martes, 6 de xuño de 2017

FONDOS NOVOS

CONTAMOS CON MOITOS FONDOS NOVOS COMPRADOS CO DIÑEIRO QUE RECIBIMOS DO PLAMBE. O PRÓXIMO CURSO PODEREMOS CONTINUAR CON MOITAS  LECTURAS NOVAS E DIVERTIDAS.


xoves, 1 de xuño de 2017

CONTACONTOS EN FAMILIA PARA 2º CICLO

A FAMILIA DE SABELA VISITOU A NOSA BIBLIOTECA PARA COMPARTIR UN RATO MOI DIVERTIDO CO CONTO: "CORRE CORRE, CABACIÑA".

AQUÍ DEIXAMOS UN VÍDEO DA SESIÓN:


CONTACONTOS FAMILIA SABELA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA. ATA PRONTO!!!

mércores, 24 de maio de 2017

CONTACONTOS EN FAMILIA

A FAMILIA DE FRAN, ALUMNO DE TVA, VISITOU A NOSA BIBLIOTECA PARA CONTARNOS O CONTO "TE QUIERO, CASI SIEMPRE". PASAMOS UN RATO MOI DIVERTIDO E FALAMOS DAS COUSAS QUE NOS GUSTAN E QUE NON NOS GUSTAN DE NÓS E DOS DEMAIS.