mércores, 13 de marzo de 2024

A NOSA BIBLIOTECA

 A NOSA BIBLIOTECA

A biblioteca do noso colexio é un espazo versátil destinado, non so a lectura, senón a realización de diferentes actividades.

Atópase na parte traseira do edificio, tendo unhas fermosas vistas ao noso patio.

Anque o espazo está en constante movemento para adaptármonos as diferentes actividades que realizamos, os recunchos cos que contamos son os seguintes:

  Recuncho biblioteca creativa.🎨

Recuncho radio🎧

Espazo lectura📕

Espazo cine e actividades usando a pantalla dixital ou proxeccións.🎥

Espazo ordeadores📺

 Parede exposición traballos conmemoracións.

Nas próximas semanas realizaremos algúns cambios no mobiliario grazas os fondos aportados dende o Plambe, irémosvos ensinando!



sábado, 24 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

  O día 23 de febreiro conmemórase o día do nacemento de Rosalía de Castro🌹. 

  Por este motivo dedicamos esta semana a realizar actividades relacionadas coa obra desta importante escritora e representante da nosa cultura. 

 Deste modo repasamos a súa obra, indagamos sobre a súa vida, recitamos os seus poemas, fixemos algunhas gravacións na radio e decoramos, entre o alumnado dos diferentes ciclos do cole, a biblioteca cun fermoso mural. 


 

                                                                   🌹Este é o resultado:

    
 
                                                                   





mércores, 7 de febreiro de 2024

Día da Paz

O pasado día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz. Os preparativos para esta conmemoración comezaron durante a semana anterior, na que reflexionamos sobre o que é a paz para cada un de nós e que palabra ou palabras a representa. Así, as alumnas e alumnos, acudiron a biblioteca cargados de palabras que debían plasmar nunha pomba: escribíndoas, colocando pictogramas, pegando algún símbolo representativo... tamén a debían decorar e por último dar unha capa de pintura fluorescente.
Estas pombiñas cargadas de fermosas palabras voarían a través dos tres corredores que forman o noso colexio para chegar ata tres preciosos murais que cando apagábamos a luz se iluminaban.

domingo, 14 de xaneiro de 2024

Nadal e impresora 3D

A principios do mes de decembro comezamos cos preparativos para a decoración de Nadal. Na nosa biblioteca contamos cunha impresora 3D, pois formamos parte do programa Biblioteca creativa. Por isto e, tras unha formación nesta materia, xurdiu a idea de que parte da decoración da árbore de Nadal se realizaría utilizando este recurso. Coa axuda da mestra Miriam demos forma a esta actividade, polo que fixemos estrelas, bólas, triángulos... co nome dos nosos alumnos e alumnas.

25N

Para a conmemoración do Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres realizamos diversas actividades no colexio. A primeira delas foi a de elaborar un mural con plumas que pintaron as nosas alumnas e alumnos e que representaban a silueta dunha muller con alas respondendo ao lema que nadie che corte as alas:
Este mural decorou o escenario do salón de actos no que realizamos bailes, leemos manifestos... As mestras que formamos parte do equipo de biblioteca quixemos facer a nosa pequena aportación coa adaptación dun precioso conto: Yo voy conmigo, da autora Raquel Díaz Reguera. Para elo contamos coa axuda dun dos nosos alumnos de TVA, que fixo estos marabillosos debuxos, grazas Íker.

SAMAÍN

Como tódolos anos no noso colexio fixemos diversas actividades relacionadas co Samaín. 
Este ano, ademáis das habituais, propuxemos aos alumnos e alumnas que, ademáis de escribir contos terroríficos🎃, foran eles mesmos os que no las contaran. Para isto durante a última semana de outubro e a primeira de novembro, coa axuda das súas mestras e mestres foron redactando,gravando, buscando imaxes... e creando diferentes contos. 
Unha vez creados, xuntámonos todos na biblio e comezamos a contalos.






   Con estes contos elaboraremos un libriño para poder lelos todos                                    na nosa biblio.

                      👻👻👻👻👻👻👻👻👻👻👻👻👻👻

              Moitas grazas rapazas e rapaces por participar!!


 

venres, 8 de decembro de 2023

Deixando voar a nosa imaxinación

Ao longo deste primeiro trimestre realizamos diversas actividades que pouco a pouco iremos publicando. A primeira delas realizouse con motivo do Día das bibliotecas escolares o 24 de outubro. Para isto propomos un certame de marcapáxinas, tendo este como obxectivo escoller un que será o oficial da nosa biblioteca durante este curso. Cos restantes marcapáxinas fixemos un bonito mural que decora a entrada da nosa biblioteca.
Durante os próximos días faremos entrega a todos os alumnos e alumnas do cole dunha copia do marcapáxinas gañador e do carné da biblio, na súa preparación están participando algúns dos noso alumnos/as. Moitas grazas rapazas e rapaces!!