🎄RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL🎄
Aí vós deixamos unhas recomendacións lectoras para estas vacacións. Algúns destes libriños podédelos atopar na nosa biblioteca, outros estarán dispoñibles ao longo do mes de xaneiro.
Felices vacacións!!🎄
🎄RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL🎄
Aí vós deixamos unhas recomendacións lectoras para estas vacacións. Algúns destes libriños podédelos atopar na nosa biblioteca, outros estarán dispoñibles ao longo do mes de xaneiro.
Felices vacacións!!🎄
Poboado Navideño
Dende biblioteca creativa propuxemos unha interesante actividade: crear un Poboado Navideño. Para elo puxemos a impresora 3D en marcha. O alumnado deseñou as casiñas, imprimíronse e decoráronse. Os compañeiros/as de FPPFP de xardinería fixeron unha preciosa ambientación.
Kamishibai
Como xa sabedes o Día das Bibliotecas Escolares na nosa biblioteca fixéronse dúas representación de Kamishibais e propuxemos aos nosos alumnos e alumnas que crearan as súas propias representacións.
https://saladinodinamiza.blogspot.com/2024/10/dia-das-bibliotecas-escolares.html
Propuxemos esta actividade porque é moi enriquecedora permítenos traballar e fomentar: a creatividade, a expresión oral e escrita, o aumento de vocabulario, o traballo en equipo e interciclos...
Esta proposta comeza a dar os seus froitos e as creación das nosas alumnas e alumnos están comezando a chegar a nosa biblioteca, de modo que durante este mes e os próximos realizaremos as representacións.
Ahí vos deixamos unha pequena mostra:
Carapuchiña di Non
O curso pasado chegou ata a mestra Carmen a adaptación do conto de Carapuchiña di Non. Forma parte do proxecto "Cambia el Cuento" e ten coma finalidade denunciar as desigualdades nos contos infantís.
Por esto, as mestras Carmen e Sandra puxéronse mans a obra para adaptar esta representación para que a escenificaran os nosos alumnos e alumnas. Contaron coa colaboración de Noa, a nosa enfermeira que creou unhas fermosas marionetas, e de Alicia que co alumnado de TVA deseñou un presioso decorado.
Deixámosvos o enlace ao vídeo que se atopa na web do noso cole, esperamos que vos guste.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceesaladinocortizo/node/691