🐳Alfabetización oceánica🐬
Hoxe, na nosa biblioteca, participamos nun programa educativo de alfabetización oceánica, impartido por membros do centro de investigación Mariña da Universidade de Vigo e do Campus do Mar🐟.
Un dos seus obxectivo é o de realizar sesións divulgativas nas que transmitir a influencia do océano na nosa vida e a nosa influencia no mesmo, o que é fundamental para poder vivir dun modo sostible. Outro, é o de transmitir coñecemento científico de maneira divertida, e rigorosa, fomentando o traballo en equipo e o uso do método científico na aula e resaltar a importancia da investigación científica na sociedade.
Foi unha actividade moi interesante e dinámica. Grazas por compartir os vosos coñecementos connosco!
Ningún comentario:
Publicar un comentario