xoves, 21 de novembro de 2024

25N: Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

📖Recomendacións lectoras📖


Alfabetización oceánica

 🐳Alfabetización oceánica🐬

Hoxe, na nosa biblioteca, participamos nun programa educativo de alfabetización oceánica, impartido por membros do centro de investigación Mariña da Universidade de Vigo e do Campus do Mar🐟.

Un dos seus obxectivo é o de realizar sesións divulgativas nas que transmitir a influencia do océano na nosa vida e a nosa influencia no mesmo, o que é fundamental para poder vivir dun modo sostible. Outro, é o de transmitir coñecemento científico de maneira divertida, e rigorosa, fomentando o traballo en equipo e o uso do método científico na aula e resaltar a importancia da investigación científica na sociedade. 

Foi unha actividade moi interesante e dinámica. Grazas por compartir os vosos coñecementos connosco!


                                                          




xoves, 7 de novembro de 2024

SAMAÍN NO SALADINO CORTIZO


💀👻 Un Samaín terrorífico👻💀

Durante parte do mes de outubro estivemos preparando o Samaín, para elo realizamos diversas actividades. Ahí vai un resumo do que fixemos.

Certame de decoración das portas das aulas.



Tamén, dende Biblioteca creativa o alumnado de FP e de Prefp: debuxou,  deseñou co programa Tinkercad, imprimiu e reapartiu uns agasallos para todo o alumnado do centro.



                                               

A maiores, fixemos unha pequena exposición de contos terroríficos e o profesorado do centro realizou unha representación teatral.







TEATRO NO OBRADOIRO DE PAPEL


      Seguindo coa temática da nosa Biblioteca... no Obradoiro de Papel de TVA fixemos un mural moi teatral e outonal!!!!