Este é un mes moi especial para a nosa biblioteca. O día 2 celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e o día 23 o Día do Libro. Decidiuse elexir o día 2 de abril porque coincide co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de moitos contos clásicos coñecidos por todos nós.
Pois ben, o Equipo de Biblioteca quere organizar dúas actividades e pedimos a VOSA COLABORACIÓN:
1.- ´´ O MEU LIBRO FAVORITO´´
Gustaríanos que nos enviedes unha mensaxe explicando qué libros son os favoritos, cáles vos gustan máis. Podedes participar tanto as familias como os alumnos e alumnas. Poden ser libros de todo tipo: cómics, contos, novelas, recetarios, poesía, etc
2.- FAGAMOS UN LIBRO: ´´EU FICO NA CASA´´
Estamos a vivir unha situación excepcional. Sabemos que ficar na casa cos vosos fillos e fillas está a ser unha tarefa moi complicada. E se facemos un libro entre todos/as? O noso libro está en branco e gustaríanos enchelos coas vosas aportacións. O cartel deste ano do Día do Libro Infantil fala de FAME DE PALABRAS. O profesorado do centro temos fame das vosas palabras, das vosas mensaxes. Botámosvos de menos!
Podedes falar de cómo o levades estes días, ou algunha actividade que fagades en familia, mensaxes de ánimo para as familias, fotos, audios, videos, debuxos, poesías,...todo ten cabida no noso libro. Deixade voar a vosa imaxinación e creatividade. A ver qué se vos ocurre!
Qué mellor maneira de celebrar o mes do libro facendo un libro entre todos/as!
Enviade as vosas aportacións para as dúas actividades ao email da biblio:
biblioteca.saladino@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario