Radio Tartaruga comeza a súa nova andadura. Os inicios da nosa radio foron hai máis de dez anos. Eses primeiros anos empregábamos a radio para felicitar ao alumnado que cumpría anos.
Grazas a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia este curso podemos retomar o proxecto. Radio na Biblio é unha ferramenta coa que pretendemos mellorar as competencias lingüísticas promovendo a expresión oral, creatividade, traballo colaborativo entre alumnado e persoal do centro, ampliando deste xeito as linguaxes presentes na biblioteca.
Inauguramos a nosa radio aproveitando que o 13 de febreiro celébrase o DIA MUNDIAL DA RADIO. ¡Qué mellor data para poñer Radio Tartaruga en marcha!
Para este primeiro programa radiofónico un grupo de mestras entrevistaron a alumnos e alumnas de Tránsito á vida adulta e Formación Profesional Básica e fixéronlle unha pregunta moi sinxela:
¿Qué é para ti a radio?
Ningún comentario:
Publicar un comentario