O día 7 de xuño, os alumnos de FPB visitaron, no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO), a exposición “Vigo e Verne: 150 anos da visita do Nautilus”.
A exposición está baseada na visita literaria que o submarino Nautilus dispensou á cidade o 18 de febrero de 1868, como o recolle a novela de Julio Verne 20.000 leguas baixo dos mares, no capítulo A badía de Vigo.
Mediante un percorrido guiado, o alumnado do Saladino Cortizo tiveron a ocasión de coñecer aspectos da vida do escritor francés Julio Verne relacionados coa nosa cidade, tanto literarios —a citada aparición da cidade na súa popular novela— como históricas, xa que Julio Verne visitou Vigo en dúas ocasións.
Os alumnos, ademais, interactuaron con variedade de elementos da exposición, en moitos casos recoñecibles grazas ao proxecto “A volta ao mundo” que estamos a desenvolver no centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario