DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Na bibioteca do centro, recibimos a visita de PONTE NAS ONDAS!!!! Os rapaces e rapazas recitaron fermosos poemas de Rosalía e repasaron a súa vida. Os rapaces e rapazas usaron os seus comunicadores, leron pictogramas...
Na bibioteca do centro, recibimos a visita de PONTE NAS ONDAS!!!! Os rapaces e rapazas recitaron fermosos poemas de Rosalía e repasaron a súa vida. Os rapaces e rapazas usaron os seus comunicadores, leron pictogramas...
CITA A CEGAS CUN LIBRO
NAMÓRATE DA LECTURA!!!!! O 19 de febreiro, cada aula recibiu uns paquetiños con diferentes libros para pasar un rato entretido....
ENTROIDO
Este ano no centro, celebramos O Entroido elaborando os nosos propios disfraces tradicionais. Estes 2
marabillosos libros, servíronnos de inspiración aos distintos ciclos.
Día da Paz
O 30 de Xaneiro conmemoramos no centro o Día da Paz. Grazas ao fermoso libro: "Mil pájaros de
papel: La historia de Sadako Sasaki" plantexáronse e realizáronse varias actividades no centro co libro
como inspiración.
Poboado Navideño
O curso pasado comezamos coa creación do noso poboado Navideño, para elo fixemos casiñas utilizando a nosa impresora 3D. Este curso continuamos ampliándoo. Para elo propuxemos a lectura do libro "Atlas da emerxencia climática" e que o noso alumnado elaborara árbores.
Ahí vai unha imaxe do resultado!
Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional
O pasado día 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, para elo propuxemos unha actividade para realizar na biblioteca ou ben nas aulas.
A idea parte da temática sobre a que estamos a traballar o Deseño e do libro "Arte reciclado", e consistiu en imaxinar rostros con materiais reciclados.
25-N
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Este curso comezamos cunha actividade que falaba da importancia da palabra.
Que importantes son? Non creedes?
Neste día partimos do álbum ilustrado As mulleres que cultivaban néboas para facer varias actividades. Un contacontos como actividade central, da man da nosa mestra Sandra, unha actidades que xira entorno as palabras frecha e palabras luz e unha pequena reflexión grupal sobre todo isto reflectida nun manifesto.
A continuación reproducimos unha parte do manifesto:
" O 25 de novembro conmemoramos o Día Internaciónl para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Esta data foi declarada oficialmente pola ONU no ano 1999 e ten como finalidade denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar medidas en tódolos países contra a súa erradicación.
Esas palabra frecha son as que nos atravesan e que non debemos permitir e que ente elas debemos comprender que esa persoa non merece estar preto nosa.
Búscade persoas que vos enchan de palabras fermosas: palabras luz."