A FINAIS DO MES DE MAIO E COMEZOS DE XUÑO, TIVEMOS NA SECCIÓN DE NOVIDADES, A COLECCIÓN DE APRENDICES VISUALES PROMETIDA
venres, 4 de xullo de 2014
mércores, 21 de maio de 2014
NOVIDADES MAIO
Neste mes a sección de novidades dedicouse a
lingua galega e mirade cantos libros tivemos para ler!!!!
entre eles houbo un
moi especial “Viaxando no tempo” feito polo alumnado de 2º ciclo sobre o tema
do cole deste curso "a prehistoria".
LETRAS GALEGAS 2014 NA BIBLIOTECA!!!!
A pasada semana celebrouse o día das letras galegas e na biblioteca
homenaxeamos a Xosé María Díaz Castro e o noso idioma con este mural no que
todo o alumnado do cole puxo a súa palabra (pictograma/debuxo) preferida do galego.
Mirade que chulo quedou!!!
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN NO CAFÉ NOVIDADES
Xa temos cambios na sección do departamento de orientación no café, libros e películas novas!!!!!!,
grazas pola boa acollida que tivo a iniciativa.
Dèixovos unha foto para que lle botedes unha ollada
domingo, 11 de maio de 2014
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Tamén realizamos esta actividade durante a semana do libro, a cal, tivo moitísimo éxito e xa estamos deseando repetila!!!
aquí vos deixo algunha fotos desta actividade
SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOTECA
Como ven sabedes o día 23 de abril celebrouse o día do libro e dende a biblioteca leváronse a cabo diferentes actividades para conmemoralo, aquí vos deixamos algunhas fotos, esperamos que vos gusten!!!
obra de teatro "o can e o gato" con luz negra representada por alumn@s de 2º ciclo C e 1º ciclo F
conta contos "a casa da mosca chosca" narrado pola profe Raquel de TVA en colaboración co alumnado de esa etapa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





