xoves, 30 de outubro de 2025

Concurso Portas Terroríficas

 💀Gañadores Concurso Portas Terroríficas💀

O resultado das votacións foi o  seguinte:

Corredor azul: Xardinería

Corredor laranxa: Tva C    e Tva E

Corredor verde: EBO A

O premio é unha responsabilidade compartida. 

Seguindo coa nosa cartilla de actividades proposta o Día das Bibliotecas Escolares os gañadores de cada corredor gardarán nas súas aulas este premio:



Este conto será o fío conductor dunha das actividades que realizaremos ao longo deste curso.

Grazas, como sempre, pola vosa colaboración!

martes, 28 de outubro de 2025

Samaín

👻Portas Terroríficas👻

Un curso máis polo Samaín propuxemos decorar ás portas das nosas aulas.




A decoración destas portas formará parte dun concurso. 
Os gañadores reibirán un agasallo!



luns, 27 de outubro de 2025

Cartilla actividades

Cartilla actividades 

Unha das propostas presentadas durante as actividades realizadas para a conmemoración do Día das Bibliotecas Escolares foi unha cartilla na que se estructuran algunhas das actividades que iremos realizando ao longo do curso. Iremos colocando selos nela conforme os diferentes grupos vaian realizando as actividades.


           

        

                                                                                                        


domingo, 26 de outubro de 2025

Día das Bibliotecas Escolares

 Día das Bibliotecas Escolares

24 de outubro

Ao longo da semana pasada xa comezamos a conmemorar este día.

Para elo escribimos palabras.

Palabras que nos provocaban unha emoción, palabras que nos levan a algún lugar, palabras que forman parte do noso día a día...

Propuxemos esta activadade debido a que o lema facilitado dende Bibliotecas Escolares de Galicia foi:

"Contra a desinformación: Bibliotecas"

Enlazada con esta actividade atópase a actividade central que se desenvolveu na nosa biblioteca durante esta semana: un contacontos baseado no conto "La coleccionista de palabras". A través desta proposta puidemos reflexionar acerca da importancia da palabra, de atopar esa axeitada para cada momento.
A maiores disto entregamos unha carpeta por ciclo con varias propostas:
  • Deseñar un póster co lema citado con anterioride. O deseño será totalmente libre. A única condición é utilizar a plantilla proporcionada.
  • Traballaremos coa desinformación a través de varios textos adaptados a cada nivel.
Nesta carpeta tamén se atopa: Cartilla actividades para o presente curso e as Normas de uso da biblioteca.
Ahí vós deixamos algunhas imáxenes:













luns, 20 de outubro de 2025

Arrincamos!

Novo curso, novas propostas

 Comezamos coas actividades dentro da nosa biblio.

 Levamos dende o mes de setembro organizando este espazo e programando as actividades que realizaremos ao longo deste curso 2025-2026.

Como saberedes esta semana, concretamente o venres 24, conmemórase o Día das Bibliotecas Escolares. Para ista comemoración preparamos varias actividades que están vinculadas entre si.

Unha delas
comezou o luns da semana pasada coa proposta para o noso alumnado de escribir palabras nun folio cun rotulador fluorescente. Estas palabras foron colocadas nun recuncho do noso centro.

Estas palabras cobrarán sentido.

Deixámosvos unha pista!