Día das Bibliotecas Escolares
O pasado xoves 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares.
A actividade central neste día consistiu na realización por parte da Mestra Sandra dun Kamishibai.
O Kamishibai é un tipo de "teatro de papel" de orixe xaponés. Sandra fixo varios pases para os diferentes
grupos do centro. A maiores propuxemos unha actividade: a realización por parte dos diferentes grupos da
súa propia historia para o Kamishibai.
Iremos descubrindo estas obras ao longo dos próximos meses!