Páxinas

luns, 26 de maio de 2025

                              XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR NO CONCELLO DE VIGO


Este curso e seguindo as recomendacións de Bibliotecas Escolares, o tema central do centro é O TEATRO. Co orzamento da Biblioteca mercamos o libro: "Ponte no meu lugar", e os  compañeir@s do ciclo de TVA prepararon unha obra de teatro. O mércores 21 de maio, acudiron ao auditorio do concello de Vigo a representar dita obra. Estivo preciosa!!! Moi bo traballo rapac@s!!!!!









mércores, 21 de maio de 2025

                      

    OBRADOIRO DE ESCORNABOTS

O xoves 15 de maio tivemos no centro un obradoiro de escornabots. Comenzamos coñecendo o escornabot e familiarizámonos cos seus movementos. Despois cunha personaxe, tivemos que crear unha historia/representación na que o Escornabot tíñase que mover.

Sairon historias xeniais e divertidas, mesmo algunha delas levaba música. 

Pasámolo xenial!!!!!







xoves, 8 de maio de 2025

 23 DE ABRIL

DÍA DO LIBRO NO CEE SALADINO CORTIZO 



O 22 de abril conmemoramos o Día do Libro e para celebrarlo fixemos a presentación do libro "Ragnarok e o final das fantasías". Coa colaboración do equipo de radio, entrevistamos o noso alumno Diego coautor da obra.

 

                                                   

 

 

 
  



 

martes, 1 de abril de 2025

 


KAMISHIBAIS


A Semana pasada disfrutamos dos kamishibais realizados polos rapac@s de EBO e Pretaller. Moi bo traballo compañer@s!!!! grazas pola vosa colaboración!!!!





luns, 24 de marzo de 2025



OBRADOIRO DE TEATRO E RADIO CON ARTUR TRILLO


O mércores 19 de marzo, recibimos a visita do actor Artur Trillo. Acudiu ao noso centro a realizar un obradoiro titulado: "Todo se pode contar con teatro". Aprendemos os distintos tipos de fala según o contexto, e gozamos das nosas intervencións espontáneas. Para rematar, fixémoslle unha entrevista de radio que podedes escoitar aquí: https://www.ivoox.com/player_ej_143513051_6_1.html?c1=203069



GRAZAS POR VIR ARTUR!! PASÁMOLO XENIAL!!!


 

luns, 17 de marzo de 2025

8 de marzo, Día Internacional da Muller

    

                                             8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


     Este curso a temática elixida para traballar tanto a nivel de centro coma dende a biblioteca é o Teatro.  Por iso, para conmemorar este día tan especial, cada titoría ou titorías escolleron unha actriz ou directora relevante e realizaron un traballo que posteriormente expusemos no noso propio escenario dun teatro. Tamén fixemos un acto común no Salón de Actos onde se expuseron estes maravillosos traballos sobre mulleres moi importantes. Gracias a tod@s por participar e FELIZ 8 DE MARZO!!!





mércores, 12 de marzo de 2025

Recomendación lectora 8M

 As mulleres que cultivaban néboas

O pasado 8 de marzo conmemorouse o Día Internacional da Muller. Por isto, a maiores do acto que celebraremos, gustaríanos facer, coma na meirande parte das conmemoracións, algunhas recomendacións lectoras. 

Esta vez realizaremos unha única recomendación.

Como sabedes, o noso centro participa en Faro da Escola, dende onde tódolos anos nos ofrecen a posibilidade de contar con autoras e autores que visiten o noso centro. Este curso déronnos a opción, entre outras, de que nos visitara Bea Gregores para falarnos do seu libro "As mulleres que cultivaban néboas". 

Bea, por motivos de axenda este curso non poderá  estar connosco, pero non podemos deixar de recomendar este belísimo conto que trala súa lectura nos marabillou.



                                                            


venres, 28 de febreiro de 2025

Biblioteca escolar coma centro inlusivo das aprendizaxes

 Experiencias Radio na Biblio:

Dende bibliotecas escolares a nosa compañeira Lucía, coordinadora do programa de Radio na Biblio, foi convidada a unhas xornadas que se realizaron en Vigo, o día 27 deste mes, sobre a biblioteca escolar coma centro inclusivo das aprendizaxes.

Deixámosvos unhas imaxes e se clicades aquí https://www.edu.xunta.gal/centros/ceesaladinocortizo/node/726 poderedes ver a presentación.


Grazas polo teu traballo Lucía!!!



domingo, 23 de febreiro de 2025

Radio na biblio

 Ponte nas ondas

Coma en cursos anteriores e grazas a aportación económica recibida dentro do programa de Radio na Biblio, de 500 euros, este ano recibimos novamente a Damián.

A actividade consistiu en varias sesións de gravacións de radio con diversas temáticas:o entroido, Rosalía de CASTRO...


                                                      


Ahí vos deixamos os enlaces as gravacións:

                        https://www.ivoox.com/rosalia-castro-audios-mp3_rf_139991445_1.html

               https://www.ivoox.com/racismo-e-inmigracion-audios-mp3_rf_139991390_1.html

                          https://www.ivoox.com/entroido-audios-mp3_rf_139991228_1.html







Intelixencia artificial e biblioteca creativa

Superheoína 

Como vos comentamos en entradas anteriores, durante este curso comezamos a traballar coa Intelixencia Artificial, en diante IA.

Este traballo está dentro das propostas de Biblioteca Creativa e está comezando a desenvolverse en ffpfp a mans da mestra Lucía.

Hoxe mostrámosvos dúas das primeiras creacións do noso alumnado: unha ávida lectora que é unha superheroína e uns logos como propostas para que o alumnado escolla un e utilizar para marcar os xogos cos que contamos na zona de Biblioteca Creativa da nosa biblio.

                                                          



xoves, 6 de febreiro de 2025

EDUGA, revista galega do ensino

 EDUGA, revista galega do ensino

Cara finais do trimestre pasado recibimos a proposta de Bibliotecas Escolares de participar cun artigo de Boas Prácticas na revista EDUGA. 

Aquí vos deixamos o enlace por se vós apetece lelo.

               https://www.edu.xunta.gal/eduga/2706/boas-practicas/biblioteca-do-cee-saladino-cortizo

Gracias a Bibliotecas Escolares por unha vez máis confiar en nós!



Xornadas Biblioteca Creativa

 

Xornadas Biblioteca Creativa

Onte, día 05 de febreiro, a nosa compañeira Lucía, coordinadora no noso centro dos programas de Biblioteca Creativa e Radio na Biblio, participou como ponente nas xornadas anuais de Biblioteca Creativa celebradas en Vigo.

O título da súa presentación foi:

 "Biblioteca Creativa: Unha historia de crecemento"


             


Con respecto ás novidades en canto a actividades deste curso dentro deste programa destacar o traballo que se está iniciando en FFPFP coa intelixencia artificial e que intentaremos ir facendo extensible aos outros ciclos do centro.


Deixámosvos a presentación para que lle podades botar un vistazo. Pincha aquí




xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día da Non Violencia e da Paz


Conmemoración Día da Non Violencia e da Paz 

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos  o Día da Non Violencia e da Paz cun acto no que se amosou todo o traballo realizado durante as últimas semanas. Este traballo xirou entorno ao libro Imagine, de Jonh Lenon.

  Para o acto de hoxe traducimos e adaptamos o texto da famosa canción dos Beatles ao galego, repartindo as estrofas entre os diferentes grupos do cole. Unha vez repartidos cada grupo realizou representacións do que evocaban mediante o debuxo e para recitalas no día de hoxe. O mestre de música preparou unha canción a partires deste texto que se interpretou para todo o alumnado do centro, realizamos unha gravación na radio, que podedes escoitar clicando aquí:

 https://www.ivoox.com/paz-audios-mp3_rf_139040141_1.html

 e o alumnado de PFFPB leu un manifesto explicando o significado do libro.

Tamén decoramos con pombas para imaxinar un mundo mellor unha árbore feita polas compañeiras e compañeiros de Xardinería.



Recomendacións lectoras Día da Paz

 

Recomendacións lectoras Día da Non violencia e da Paz

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos no noso centro o Día da Non Violencia e da Paz. A parte de realizar unha bonita celebración, que vós mostraremos noutra entrada, queremos deixarvós algunhas recomendacións lectoras.